try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Letras Galegas

LETRAS GALEGAS

barco galego O día das letras galegas é unha celebración instituida no 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola defensa do noso idioma. Cada ano adicase a unha persoa diferente, escollida pola Real Academia Galega.

A data da celebración, o 17 de maio, débese a que en tal día coma ese, no 1863,  publicouse en Vigo o primeiro exemplar de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do Rexurdimento, o renacemento cultural do galego.

Na nosa escola celebramos esta data con diferentes actos durante toda a semana: baixada o torreiro de Bembrive por diferentes rutas, onde se celebra un pequeno acto reivindicando a nosa lingua, proxección de vídeos e películas en galego,... e para remantar celebramos un pequeno festival onde os nenos e nenas mostran o pequeno artista que levan dentro.

Distribuir contido