try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

O Trasno Contacontos

Trasno Contacontos

 

trasno caraEste proxecto xurde da necesidade de sensibilizar á comunidade escolar e fomentar actitudes positivas cara a lingua galega, creando un ambiente favorable para a utilización da mesma como lingua vehicular. Con este referente, no mes de setembro de 1998 lanzouse á procura dun móbil que interesase particularmenter ó alumnado de tal xeito que ó tempo que se presentaba unha experiencia nova e que rachaba coa rutina escolar , se potenciara o uso do galego como lingua vehicular.O primeiro paso foi a creación de personaxes atractivos para o alumnado. E asi pouco a pouco xurde a figura do Trasno Contacontos quen, a través das súas cartas animan os rapaces/as a maquinar, escribir e ilustrar máxicas historias.

O proxecto entusiasmou á comunidade escolar e o resultado foi, ata o momento, a elaboración de catro libros, tres deles publicados pola Consellería de Educación, e un máis en fase de recopilación: 

• A Lavandeira Curiosa e o seu amigo o Trasno Contacontos (I)

• A Lavandeira Curiosa e o seu amigo o Trasno Contacontos (II)

• Contacontos e Curi e as súas amizades 

• O Trasno das Chans e os seus amigos os animais

• Contacontos: o Trasno viaxeiro

 

poema trasno

Distribuir contido