try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Punto laranxa contra o acoso escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Aberto o proazo para a presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

 

Poderán presentarse PRESENCIALMENTE entregando na secretaría do centro o formulario que podes descargar a continuación:

 FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Tamén se poden presentar ONLINE a través da aplicación utilizando un certificado dixital ou a Chave 365. 

 ADMISIONALUMNADO

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

ADMISIÓN 2024-2025

Comeza o proceso de admisión para o próximo curso. A continuación deixamos información de carácter xeral que se irá ampliando en cada proceso:

 

  • Reserva de praza en centros adscritos (IES Carlos Casares): Presentarase o formulario de solicitude do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro na secretaría de Chans ou telemáticamente na aplicación admisiónalumnado (con certificado dixital ou Chave 365).
  • Xornadas de portas abertas: 26, 27 e 28 de febreiro. Pedirase cita previa a partir do 1 de febreiro.
  • Solicitudes de admisión ordinarias: Presentarase o formulario de solicitude no centro de destino do 1 ao 20 de marzo.

 

MÁIS INFORMACIÓN E DESCARGA DE FORMULARIOS NA APLICACIÓN

 

ADMISIÓNALUMNADO

NO NADAL, MELLOR CON CALMA

Prezadas familias

Apetécevos parar e decidir como vivir  (ou sobrevivir) neste Nadal? Présas, agasallos, consumo excesivo …arrástrannos a vivir en “piloto automático” nestas datas tan especiais. Invitámosvos a facer unha pausa e priorizar o voso benestar para decidir dun xeito máis consciente e solidario como despedir o ano. Animádevos a  compartir tempo de calidade e presencia cos vosos nenos/as con este almanaque de benestar. Que a maxia deste nadal encha as vosas vidas e as vosas casas de serenidad, saúde  e emocións positivas. Preme na  imaxe:

A comisión de benestar e convivencia

 

CERTAME E CONCURSO DE RELATOS POLO SAMAÍN

 

Preme na imaxe para gozar dos relatos presentados ao certame polos nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria. Tamén atoparás os relatos gañadores do concurso do 2º e 3º ciclo de primaria presentados por Martín Romero, de 3ºB, e Raúl Costas, de 6ºA. Parabéns!

 

.

VOLTA AO COLE

 

Comezamos un novo curso cheos de  ilusión e coas pilas cargadas para acompañar aos nenos e nenas de Chans no seu proceso de “crecemento” e aprendizaxe.

Sabemos que os comezos sempre están cargados de incertezas, sobre todo cando van acompañados de cambios importantes: compañeiros/as, mestres/as, aulas…. Pero estes cambios, lonxe de ser unha pedra no camiño, sempre son unha oportunidade para crecer e aprender a afrontar novos retos. 

Esperamos que nos fagades partícipes das vosas inquedanzas para poder, entre toda a comunidade educativa, construír a escola que queremos: unha escola inclusiva, saudable, segura e amable.

Feliz volta á escola. O luns comeza unha nova aventura!!

Grazas familias por confiar en nós. 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN COMEDOR 2023-24

Prezadas familias, 

Pregamos cumplimentes a autodeclaración do comedor para o curso 2023-24 e a presentedes en  Secretaria antes do 11 de setembro. lembrade que é requisito indispensable para que os vosos fillos/as poidan facer uso do servizo de comedor. Grazas

 

 

BENVIDA DA NOVA DIRECTIVA DA ANPA DO LECER

Carta ás familias da nova directiva da ANPA co formulario de inscrición para o curso 2023-24

Distribuir contido