try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

A nosa biblioteca

Bibliochans

 CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. OUTUBRO 2016

Bibliochans  quixo sumarse a esta celebración para promover a Biblioteca como un espazo donde confluen o pracer pola lectura e a inquedanza por aprender dun xeito diferente. Despois de recibir a carta do Trasno Contacontos, visitamos a Biblioteca e desenvolvemos unha morea de actividades de animación á lectura e formación de usuarios co lema  "As cores de Bibliochans"

Preme na imaxe, se queres ler a carta de Contacontos

 

 

 

 

A biblioteca está situada na planta baixa da escola. Dende o ano 2010 forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de educación, polo que nestes últimos anos experimentou un grande cambio. Coa incorporación do noso centro ao PLAMBE co proxecto “Bibliotecleando vou medrando” comezaba unha nova etapa na historia do colexio: un proceso de transformación  encamiñado a converter a Biblioteca escolar  nun espazo  de aprendizaxe colaborativo, de achegamento as novas tecnoloxías, nun lugar máxico onde nenos/as, mestres/as atopen respostas as súas preguntas…

  Actualmente conta cuns 5000 volúmenes entre fondos literarios, fondos documentais e material audiovisual clasificados por materia e diferenciados segundo o nivel de lectura para así facilitar o acceso dos nenos/as aos materiais máis axeitados para eles. Ademáis a biblioteca conta con catro ordenadores, impresora e escáner para uso do alumnado, un ordenador con pantalla táctil para o autopréstamo e outro equipo para a xestión e catalogación do fondo, TV con DVD, videoproxector e pantalla.

A biblioteca permanece aberta de 9 a 14 h. para uso do alumnado acompañados dun mestre/a e na hora do recreo para o préstamo. Tamén permanece aberta de luns a xoves polas tardes   en horario de 16 a 17:30 h. para consulta e lectura na sala, sempre acompañado o alumnado dun adulto.

Podedes consultar o catálogo da biblioteca premendo na imaxe :

Para consulatr o blogue de Bibliochans preme na imaxe:


 

 

Distribuir contido