(2019-2020) Antes de rematar o ano, no mes de decembro, tamén sucedeu todo isto en infantil 2
Tal como xa vos contamos en entradas anteriores, estivemos moi ocupados durante o mes de decembro coa chegada do Nadal:
Pero ademais de todo isto, na nosa aula, sucedeu o seguinte antes de rematar o ano.
Completamos o noso calendario online e os rexistros do encargado cada día, pero ademais fomos "comendo os chocolates" dos calendarios de Nadal que nos regalou a nosa compañeira YAIZA. Cada día tiñamos que buscar o número do día e ir descubrindo que chocolate tocaba.
Asistimos á unha representación teatral en Pontevedra:
A "Lúa e o grilo" encantounos e era moi divertida.
Rematada a obra de teatro, e tras unha merenda rápida, continuamos a visita cunhas actividades nun museo, sobre cadros de liñas, puntos e cores.
Completamos o noso boletín de autoavaliación "as novas a escola", onde contamos ás familias varias cousas das que sucederon na aula ó longo deste primeiro trimestre.
Continuamos a anotar os libros que levábamos para cada os venres na aplicación online da biblioteca, para poder conseguir a portada que usar no noso libro de rexistro xunto ó número, título e data.
Asistimos a un contacontos ideado e levado a cabo polas compañeiras e os compañeiros de sexto de primaria, na biblioteca do centro. Foi moi divertido.
Tal como xa vos contamos en entradas anteriores, despois de todo o que fixemos coa chegada do Nadal, e coa nosa participación no Festival de Nadal remata este primeiro trimestre.
Vémonos o ano que ven, non sen antes desexarvos a todos e a todas un BO NADAL e FELIZ ANO 202O.