Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2023-2024) Plans de vida activa e deportiva (PVAD) II Carreira solidaria-Día da Paz

Xa como unha tradición, este ano volvemos a organzar e a participar na "II carreira solidaria" para conmemorar o día da Paz, contando ca presencia e colaboración dos membros da comunidade educativa.

Nesta ocasión acordamos recoller roupa e material escolar, que logo entregaríamos á "Asociación Boa Vida" de Pontevedra, para darlle un segundo uso e lla fagan chegar a aqueles nenos e nenas que a precisen.

Os alumnos/as de infantil crearon unha pancarta para "encabezar" a marcha ata o campo de fútbol.

 

   

Cando chegou o día da Paz, o 30 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio comezamos a marcha cara o campo de fútbol. Acompañáronnos as nosas familias, que particpiarían tamén na carreira.

E chegou o momento, todos estabamos listos para participar na carreira...

   

... que nesta ocasión tiña tamén obstáculos que había que salvar.

Rematada a carreira, tocaba repoñer folgos de forma saudable cun plátano e unha botella de auga, contribuíndo tamén a cumprir cos obxectivos do noso proxecto Nutriescolas (alimentación saudable)

Como despedida, e despois de recibir a chapa conmemorativa, unha foto de grupo para o recordo. 

E por suposto, un foto todos xuntos, incluídas ás nosas familias.

Grazas a todos e a todas por participar, e formar parte desta "II marcha solidaria pola Paz".

Deixamos algunhas fotos máis:

(2023-2024) Investigamos sobre as lesións deportivas

Este trimestre estivemos a investigar un pouco sobre as lesións que poden ocorrer durante a práctica deportiva. Dentro das múltiples lesións existentes, escollemos as máis habituais e as que máis lles soaban. Despois de facer o reparto, puxémonos a investigar individualmente ou por parellas. Debían buscar información sobre o tipo de lesión, os síntomas, as causas e os posibles coidados e prevención. Xa co traballo feito, tocaba expoñérllelo aos nosos compañeiros/as.

Primeiro foron os ESGUINCES

Turno para os CALAMBRES MUSCULARES

Úrsula e Lucía faláronnos dos TRAUMATISMOS

Brais é todo un experto en ROTURAS FIBRILARES

Se tendes algún CORTE ou FERIDA, Lara pode axudarvos

Alicia e Nico explicaron moi ben que son as DISTENSIÓNS MUSCULARES

Velaí o resultado final dos expertos en lesións deportivas

(2023-2024) Campo a través 2023

O pasado mércores 22 de novembro, asistimos ao Cross escolar organizado pola Asociación Deportiva Terra de Montes. Nela participaron centos de nenos/as de diferentes centros da contorna (Campo Lameiro, Cerdedo, Soutelo, Tenorio, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos, etc.); e como non, os alumnos/as do CEIP Pedro Antonio Cerviño non podías faltar a esta cita tan esperada. Correron os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º nas categorías mixtas de benxamín, alevín e infantil respectivamente. Despois de moito pospoñelo por mor da climatoloxía, quedounos unha bonita xornada na que disfrutamos da práctica deportiva e tamén da competición.

Antes de comezar tivemos que recoñecer o noso percorrido.

Primeiro fixemos un bo quencemento

Fixemos piña e charla motivacional antes de comezar

Turno para os de 3º e 4º!!!

E agora tócalles aos nenos e nenas de 5º e 6º!!

Pero tamén houbo tempo para repoñer forzas!!

Para o ano máis!!!

(2022-2023) Fomentando os xogos populares

Como cada ano por estas datas, buscamos fomentar a práctica de xogos populares entre o noso alumnado. Nesta ocasión presentámoslles os birlos, a petanca, os trompos, as canicas, as chapas, os aros e a comba. 

Para o ano máis!

(2022-2023) Estreamos rocódromo!!!

A comezos deste curso propuxémonos poñer un rocódromo horizontal nun patio do centro. Non foi un traballo doado, posto que había que limpar, deseñar e pintar a parede. Logo, tivemos que pedir autorizacións e presupostos para materializar todo o traballo previo. Despois de meses de moito traballo, por fin puidemos desfrutar do noso rocódromo, ben sexa durante o recreo e nas clases de E.F a través de diferentes retos. 

Que ben o pasamos!

(2022-2023) Recreactiv@s 2022-2023

Presentamos o resumo anual do proxecto Recreactiv@s, un proxecto gamificado que busca fomentar a alimentación saudable no horario lectivo. Por cada merenda saudable, os nenos/as van gañando puntos (gomets de cores asociados a cada alimento) e vendo o seu progreso ao longo dos meses e trimestres. Ao final de cada trimestre, aqueles alumnos/as con máis merendas saudables, verán recompensado o seu esforzo por medio dun agasallo. A entrega dos premios é o momento máis esperado, posto que se reparte material deportivo e de ocio para que poidan xogar no recreo e no seu tempo libre. 

Este curso houbo moita participación e, vemos como ano tras ano, o alumnado vai afianzando o hábito de traer alimentos saudables para as merendas do recreo.

Ademais, tamén levamos a cabo un programa de xogos, retos e competicións nos recreos do curso escolar. Cada día día da semana ían probando diferentes xogos, materiais de deportes en diferentes patios do centro, co obxectivo de incrementar o tempo de práctica motriz e a práctica de diferentes actividades deportivas.

(2022-2023) A xincana das emocións

Ola a todos e todas! Como xa é tradición para despedir o curso, dende o cole (e cun gran traballo por parte do noso mestre de educación física) organizamos unha xincana. Pero este ano, foi unha xincana moi especial... Queredes saber porqué?

En primer lugar, este ano o cole ao completo subimos a San Antoniño. Os compañeiros e compañeiras de infantil estiveron con nós e experimentaron esta actividade por primeira vez. Pero o mellor de todo foi a temática, pois este curso fixemos a xincana das emocións. Tivemos que pasar por todo tipo de probas onde puxemos en práctica todo o que aprendemos, ao mesmo tempo que superamos desafíos que puxeron a proba a nosa capacidade física.

Non resultou nada sinxelo. Tivemos que poñer a traballar a cabeza, os músculos pero tamén o corazón; xa que as emocións estiveron presentes en todos os aspectos. Aprendendo deste xeito, que ao final o benestar é unha combinación de sentirnos ben no noso corpo a través do exercicio, pero tamén coidando sempre como nos sentimos.

(2022-2023) - Xornada de clausura do deporte escolar

O pasado venres 2 de xuño asistimos á última xornada do deporte escolar. Nesta ocasión desprazámonos ata o circuíto da Madalena de Montes (Soutelo) para asistir á entrega de medallas e trofeos do curso 2022/2023. 

Foi unha xuntanza multitudinaria na que participaron tódolos centros da comarca de Terra de Montes. Despois de organizar todo, fomos chamando aos participantes por centro e categoría para proceder á entrega de medallas individuais.

Depois da entrega de medallas asistimos a unha sesión de baile organizada pola mestra Antía. Que ben o pasamos!

Xa para rematar, procedemos á recollida dos trofeos por categorias, despois de propoñer a un capitán en cada clase.

Agora hai que pensar onde colocamos os trofeos. A desfrutalos!!! Para o ano máis!

(2022-2023) Deporte escolar con Soutelo

E chegou a última xornada do deporte escolar do curso 23/24. Despois das complicacións dos últimos anos, por fin puidemos realizar tódalas xornadas programadas dentro do Proxecto deportivo de centro. Un ano máis cheo de experiencias positivas, práctica deportiva e momentos compartidos con nenos/as doutros colexios da zona de Terra de Montes. A última das xornadas tivo lugar no noso centro, entre o pavillón municipal e pista de baloncesto. 

Os primeiros en xogar foron os nenos/as de 5º/6º, que desputaron un emocionante partido de fútbol cheo de ocasións e goles.

Logo foi o turno dos compañeiros/as de 3º e 4º, desputando os partidos de fútbol e balonmán.

Xa para rematar a xornada, todos/as asistimos aos partidos de baloncesto que se xogaron na cancha exterior. 

Próxima parada: xornada de clausura con entrega de medallas e premios

(2022-2023) Xornada de deporte escolar en Tenorio

O pasado martes 25 de abril, fomos ata o colexio de Tenorio para celebrar a 2ª xornada do deporte escolar.

Unha vez alí, puidemos practicar diferentes deportes como baloncesto, balonmán  e fútbol sala.

Partidos vibrantes e intensos ata o último minuto, onde os nosos alumnos/as desfrutaron, competiron e intercambiaron experiencias con outro nenos/as.

Próxima parada: Soutelo

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.