(2011-2012) Facémo-lo maio e celebramo-las Letras galegas
Así traballamos a semana das letras galegas e colaboramos na elaboración do maio que fixo todo o centro.
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Un día na aula de informática vimos a fotografía dun hom e plantexámonos quen podería ser? e a que podería adicarse?, estas foron algunhas das respostas que xurdiron:
- constrúe casas
- fai mobles
- pinta cadros
- escribe libros
- está contento, seguro que o seu traballo lle gusta
- [...]
Logo mirando uns vídeos e falando sobre diferentes imaxes da súa vida coincidimos en que o seu nome era Valentín Paz Andrade, que era escritor e que lle adicaban o día das letras galegas este ano (un "recordo" para os escritores en galego), que foi "presidente dunha fábrica de peixe" chamada pescanova, coñecimos ós seus pais e que fundou un xornal.
Con todo o que sabiamos analizamos un dos seus poemas para saber o que significaba, intrerpetamos e intercambiamos opinións sobre o que quería realmente dicir este poema:
AS VELAS FLOR DE NAVÍO
AS GAIVOTAS FLOR DO AR
DERRAMA PÉTALOS BRANCOS
NO XARDÍN AZUL DO MAR
Estaba a falar dun BARCO...
Xa na aula traballamos sobre o poema
E comezamos a facer a nosa parte do mural, ó resto faríano os compañeiros e compañeiras da outra aula. No mural saía o barco e os diferentes elementos do poema.
Escribimos algúns versos do poema e pegámolo "no sitio do que falaban", tamén fixemos que "pensara" en que fora "presidente" de Pescanova.
Coa nosa parte rematada levámolo para a outra aula, para que o rematasen os nosos compañeiros e compañeiras.
Anxo foi a contarlles que parte fixeramos e cal lles correspondía rematar a eles.
Así de chulo quedou rematado e pendurado no corredor: ¿Podes atopar as flores do "navío", as flores do ar, os pétalos brancos e o xardín azul do mar?
Tamén descubrimos moitas cousas sobre a súa vída nuns carteis que había pendurados no corredor
E para poder contalo na casa plasmámo-lo sobre o papel.
FACÉMO-LO MAIO
Un día pola mañá, durante as rutinas, o profe comentounos que o día 11 ía haber unha celebración das "letras galegas" (que xa coñeciamos) e que ese mesmo día iamos "cantar o maio".
Os "veteranos" xa sabiamos que era un maio e como se cantaba porque o lembramos do ano pasado. Decidimos mirar un vídeo onde se cantaba ó redor dun maio para ver o que era e que facía falla para facelo.
Escribimos unha nota coas cousas que iamos observando na imaxe e que iamos necesitar: ovos, laranxas, margaridas, fiuncho... e levámola para casa para que soubesen o que tiñamos que traer.
Tamén tivemos que ensaiar as "coplas" de infantil, para cantar o día da celebración das letras galegas. Todas falaban de cousas que nos sucederan.
Estas son as tres coplas que iamos cantar na celebración:
NO SALÓN DO LIBRO HABÍA
UNHA RULETA DE CACA
MENUDA SORTE QUE TIÑAS
SE CHE TOCABA A DE VACA
SE QUERES SER ASTRONAUTA
E POLO ESPACIO VIAXAR
PODERÁS VER OS PLANETAS
E A LAICA SAÚDAR
O ESQUELETO DO COLEXIO
NON SE ABURRE O ANO ENTEIRO
PRIMEIRO FOI ASTRONAUTA
E AGORA É CABALEIRO
Pouco a pouco fomos traendo moitísimas cousas para facer o maio.
Con cada cousa que traiamos o iamos anotando cun gomet na lista que escribimos entre todos, ó final conseguirmos telo todo.
Como a infantil nos tocaba só "facer os colares de margaridas", e tiñamos moitas máis cousas pensamos en "organizalas por grupos" e irllas levar ós compañeiros e compañeiras de outras aulas que se encargaban de facer esa parte.
Levamos a sexto o fiuncho e a cuarto os ovos e as laranxas.
En sexto e quinto xa estaban a facer a súa parte... menos mal que lles levamos fiucho porque aínda lles facía falta máis para cubrir todo o esqueleto do maio.
Para facer o noso traballo, os colares de margaridas, organizámonos en dúas rinleiras para ir "pasando as flores" polo fío... outro equipo encargouse de quitarlle os rabos ás margaridas... e logo nos intercambiabamos.
Mirade que longos nos quedaron os colares de margaridas, e aínda faltaban os dos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º.
A mañá do dia da celebración das letras galegas, rematamos tamén a coroa do maio...
Colocamos os colares de margaridas no maio, onde xa os equipos encargados de poñer os ovos e as laranxas xa deran rematado.Para rematar decorámolo con margaridas brancas.
Así de chulo quedou o maio rematado.
E claro, tivemos que recollelo todo e botalo nun contenedor
Ó final ata saímos no xornal.
CELEBRÁMO-LAS LETRAS GALEGAS E CANTÁMO-LO MAIO
O día 18 de maio celebramos a semana das letras galegas no colexio.
Os compañeiros e compañeiras de sexto representaron unha obra de teatro moi chula sobre o o homiño verde do semáforo que escapara.
Tamén houbo bailes, léronnos unha historia, tocaron o himno galego...
Cantámo-las coplas do maio, no noso caso tocounos cantar as nosas dos primeiros,Javier, Andrea e Anxo foron os elexidos da nosa aula, alí estaban cos compañeiros e compañeiras de outros cursos que ían canta-las súas.
Todos puidemos tocar os paus desde o público, xunto cos nenos de sexto que o facían ó redor do maio no escenario
Para rematar este día de celebracións, despois do patio, asistimos a unha sesión de contacontos moi divertida "conta contigo".