Día Internacional das Mulleres 2.012
O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional das Mulleres cun acto na sala de Usos Múltiples do centro, consistente nun coloquio ao que asistiron Isolina, unha muller de Parada de 88 anos; María, de Paredes, de 38 anos; Silvia, concelleira da Muller e Benestar Social do concello de Campo Lameiro; Teresa, tamén concelleira e representante do consello escolar; e Susana, tamén do concello.
Estas mulleres, políticas, amas de casa, emigrantes, traballadoras...contaron as súas vivencia e contestaron a preguntas que lles fixeron os rapaces. Tamén se realizou unha pancarta alusiva ao tema da muller e a discriminación de xénero.
<-->