(2011-2012) Facemos un postre moi especial- Traballamos a receita
Á volta das vacacións, como remate do proxecto do espacio, decidimos por en práctica unha idea que viña nun libro dos que trouxemos para acadar información. E consistía en facer unha tarta cohete.
Así é como quedou a nosa "tarta" pero hai un antes, un traballo previo, e un despois, un traballo posterior á receita, ademáis do propio proceso de elaboración.
O traballo previo consistiu en:
-Dictado dos nenos/as á mestra dos ingredientes da receita. Que posteriormente copiamos individualmente (os nenos/as de 4 e 5).
Ademáis, recortamos as imaxes dos ingredientes e as pegamos nun cohete, para non olvidarnos.
-Eliximos unha das froitas que precisabamos, e nunha nota para casa escribimos o seu nome para traela.
-Contamos cántas unidades había de cada un dos ingredientes, dunha clase e doutra, sumándoos e traballando conceptos de cantidade como máis-menos, moitos-poucos, un-ningún.
-Vimos libros de receitas, diferenciando as súas partes: fotografía, título ou nome, listado de ingredientes, pasos da elaboración.
O encargado do día elixiu unha receta ca cal traballaríamos individualmente para diferenciar as súas partes, e apuntou a páxina para poder fotocopiala a profe,
así que tamén fixemos estimacións sobre qué número podería ser.
Cando chegou o momento da elaboración, xuntámonos xunto cos compañeiros de infantil 2 para pensar cómo nos podíamos organizar e comezar
Un neno propuxo facer equipos para distintas tarefas.
-Cortar a froita, previamente lavada ou pelada. E despois pegala sobre a nutella.
-Un equipo para untar a nutella sobre o papel alumnio que cubría o cohete de cartón.
Outro equipo para mollar as galletas en leite e pegalas na tarta.
E por fin o momento esperado! O da merenda...
Ese mesmo día, para poder contar e amosar con detalle cómo fora a experiencia, levamos para casa unha foto da tarta, explicando brevemente (a través de escritura libre, según o ritmo individual de cada un) o que fixemos.
3 anos ("tarta cohete")
4 anos ("fixemos unha tarta muy rica pa toda a clase").
4 anos ("me gustan las gominolas y las fresas").
5 anos ("fixemos unha tarta moi rica").
-Traballo posterior
Hoxe, á volta da fin de semana, xuntámonos para facer a receita de forma conxunta nun mural con forma de cohete, como resumo da actividade e colocalo no corredoiro para informar aos demais nenos do cole.
Escribimos e pegamos a lista dos ingredientes.
E secuenciamos o proceso, cada paso co número e fotografía correspondente.
Así nos quedou
Ademáis estes días faremos actividades de lóxica-matemática, escritura libre e expresión oral como:
-Secuenciar temporalmente o proceso con fotografías.
-Escribir cada un dos pasos (nenos de 4 e 5 anos).
-Reflexar nun gráfico ou cadro as cantidades.
-Describir receitas elixidas do libro de receitas, inventándonos un nome ou título.
E isto é todo. Desfrutamos moito facendo a tarta e coméndoa e ademáis aprendimos moito!!