(2010-2011) Participación en Deporte Escolar: A Reigosa
O pasado venres tivemos un novo encontro de Deporte escolar, esta vez cos nenos e nenas do colexio de A Reigosa.
Fixemos con eles partidos de balonmán, baloncesto, fútbol, bádminton e xadrez.
Tiñamos listo o marcador, no que tamén tiñamos a listaxe dos integrantes de cada un dos equipos. Comezaron rexistrando os puntos que conseguiamos Nieves de 6º e Óscar de 5º. Os demais esperabamos no banquillo a que nos tocara sair a xogar.
Os primeiros en participar foron os nenos e nenas do terceiro ciclo. Desta vez tivemos algo máis de sorte cos resultados.
Algúns destes momentos foron...
Unha vez rematados, fixemos os partidos de bádminton e xadrez, nas que participamos un neno e unha nena de cada curso.
E como remate fixéronse os partidos do 2º ciclo de fútbol e baloncesto
Foron tres horas de deporte nas que todos desfrutamos e que a algúns ainda lles soubo a pouco, posto que no ratiño libre que tiveron seguiron a xogar na pista do patio cos que xa remataran a súa participación.
Xa só nos queda xogar cos nenos do colexio de Tenorio.