(2010-2011) Participación en Deporte Escolar: Ponte Caldelas
O venres 24 de febreiro participamos no noso primeiro encontro de Deporte Escolar deste ano.
Enfrentámonos cos nenos e nenas do colexio de Ponte Caldelas que viñeron ao noso centro para xogar aos distintos deportes acordados.
Desta vez foron: Baloncesto, Balonmán e Fútbol. Decidiuse non facer os partidos de Bádminton e Xadrez por falta de tempo.
Comezamos ás 10 da mañán e rematamos xustiño á 1.
Algúns dos momentos do encontro foron estes:
Os banquillos dos dous colexios agardaban o comezo
Comezaron xogando os nenos e nenas de 3º e 4º ao baloncesto. Fixérono moi ben e ademais gañaron con canastas de Ismael Esc., Fátima, Alex, Borja e Ismael.
Seguiron xogando ao baloncesto os de 5º e 6º. Esta vez só con canastas de Miriam e Pablo.
(Fixádevos nas novas camisetas, quedaron chulas non?)
Logo viñeron os partidos de Balonmán. Primeiro os de 3º e 4º, que recibimos unha pequena goleada e logo 5º e 6º os que nos aconteceu o mesmo. Intentámolo case todos nós , pero nada! Non entraba un!
O noso cero non se moveu, pero o deles...!
E por último xogamos os partidos de fútbol. Ningún dos dous cursos conseguimos marcar. Pero eles de novo sí!
Quizais para a próxima tócanos a nós rematar tan contentos como se foron os nenos de Ponte Caldelas
Pasar, pasámolo ben e facendo deporte cos demais.
Iso é co que nos temos que quedar!
Noraboa a todos !