(2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 3º curso
Durante o primeiro trimestre no 1º curso do segundo ciclo traballamos as seguintes unidades:
-Ola, que tal?: Ao igual que nos demais ciclos comezamos o curso con este tema a modo de presentación destas clases, das súas normas e rutinas, de coñecernos un pouco máis entre nós e disfrutar con xogos que nos axudarían a todo elo.
Tamén tomamos rexistro do peso, estatura e debuxo do seu corpo, para así ver cal é a imaxen que cada un ten de sí mesmo, actividades que faremos sempre ao inicio e fin de curso.
-Dereita ou esquerda?: Continuouse co traballo do esquema corporal facendo para elo actividades que axudaran a afirmar a lateralidade en cada un e respecto a outros, o coñecemento do seu corpo ( segmentos, articulacións, movilidade delas, ...) e de desenrolo sensorial.
-Onde imos?: no terceiro tema traballamos a percepción espacial: apreciando distintas direccións e distancias, orientándonos no espacio (arriba, abaixo, cerca, lonxe,dereita, esquerda, a través de, ...) , representando percorridos e logo realizándoos,...
Durante este tema tamén axudamos a preparar os xogos e os distintos carteis que se realizarían na Festa do Magosto.
Ademais tamén nos preparamos un pouquiño para correr no Cross de Deporte Escolar no cal participamos cos demais nenos e nenas do colexio.
-Cando imos?: continuamos con actividades para traballar a percepción do tempo: a duración, a orden e a sucesión dos distintos momentos,... apreciando distintas velocidades, sincronizando a música e movemento, saltos con ritmos marcados ( con cordas, combas,...)
-Caemos?: último tema do trimestre co que traballamos o equilibrio: do noso corpo en distintas posicións quieto e en movemento, con diferentes alturas, equilibrando obxectos, ... sempre de maneira xogada e con seguridade.
Algúns destes momentos son os seguintes: