(2009-2010) Visita ao museo de Pontevedra.
O pasado 20 de maio visitamos o museo de Pontevedra. Algúns recordábamos cómo era porque inventamos un conto coas fotos de lugares e edificios de Pontevedra, e unha delas era do museo.
Xa na escola en seguintes días, recordando o que víramos alí, o que máis nos chamou a atención e gustou, foi:
- UNHA COCIÑA ANTIGA DE PEDRA.
- BARCOS.
- ESPADAS, CAÑÓNS.
- UN SOFÁ CON VENTANAS E DEBUXOS.
- ZAPATOS.
- PEDRAS.
- SOLDADIÑOS PEQUENOS.
- UN RETRATO DUN CABALEIRO.
- PEZAS DE CRISTAL, PRATOS.
- UN CADRO DUNHA RAÍÑA.
- A PARTE DUN BARCO. SE NOS MOVÍAMOS MOVÍASE O BARCO. TIÑA UNHA PORTA SECRETA.
- UN TESOURO. PENDIENTES, PULSEIRAS, COLARES.
Decidimos reflexalo nun papel en debuxo e escrita,
3 ANOS
BARCOS
BARCOS CUADRO DO REI
COCIÑA CUADRO DO REI
BARCO PUERTA
SOLDADOS CHICAS
4 ANOS
A PORTA O REI BARCO EL TESORO
SOLDADITO BARCO CUADRO SOMBRERO
MUÑEQUITOS CUADRO ESCALERAS LA COCINA
PENDIENTES BARCO CAÑÓNS COCIÑA
5 ANOS
CADRO DA RAÍÑA SOFÁ BARCO COCIÑA
Sen dúbida o que máis gustou a case todos foi a porta secreta do barco e os "tesouros".
O día da visita ao museo aproveitamos que estabamos pretiño dos nenos/as colexio cos que fixemos a experiencia de escribirnos e intercambiar información sobre a cidade, así que fumos a visitalos.
Días antes estivemos lendo o listado cos nomes dos nenos e nenas e despois cada un eliximos a un deles para escribirlle unha carta, facerlle un debuxo,....
Unha vez elixido mirabamos de novo a foto do grupo
para ver cómo era o noso "destinatario".
e mans á obra, a contarlles moitas cousas nas nosas cartas, que despois metíamos nun sobre, escribindo o remitente e o destinatario.
Xa no colexio Manuel Vidal Portela, nos xuntamos todos
entregamos cada un a súa carta e as profes do colexio, nos regalaron a todos caramelos.
Os nenos nos tiñan preparada unha sorpresa tamén,
fixeran un traballo precioso, con debuxos e coas fotos das súas caras para que non os olvidemos.
e así é, non os olvidaresmo.
Esperamos poder continuar o curso próximo a facer máis cousiñas con estes novos compañeiros, e agora lles toca a eles visitarnos.