Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Magosto 2021 en San Antonio

Hoxe, 11 de novembro 2021, día de San Martiño, celebramos a conmemoración do Magosto nun entorno espectacular como é a Área recreativa de San Antonio. 

Sobre as 9:30 horas da mañá, os máis madrugadores (os nenos/as de 1º e 2º), puxéronse a camiñar polas pistas forestais cara a área recreativa. Gradualmente, foron saíndo as clases de 3º/4º e 5º/6º seguindo o mesmo trazado. Durante a ruta, puideron contemplar as pegadas do cambio de estación na flora da zona e desfrutar dos fermosos paisaxes que nos iamos atopando.

Os últimos en saír foron os nenos/as de infantil, que aproveitaron o servizo de bus para subir a San Antonio e desfrutar do circuíto de xogos populares. 

Unha vez instalados, por cursos participaron nun circuíto de xogos populares e tradicionais moi variado. Algúns dos xogos foron "o pano", "a petanca", "os zancos", "a corda" e, como non, o tan esperado "come-castañas".

Despois de dalo todo en cada xogo e participar ao máximo, había que recuperar os folgos, e que mellor maneira que con unhas castañas recén asadas aportadas polos propios nenos/as. Que ricas estaban!

Co bandullo ben cheo de castañas, desfrutamos dun ratiño de xogo libre pola contorno, e ata fomos facerlle unha visita á Pedra da serpe. Aquí un non se aburre!

Xa para rematar a xornada, puxémonos a camiñar rumbo ao colexio. Agora era moito máis doado, era todo costa abaixo!

Ata o ano, San Antonio!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.