Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

2022-2023

A QUEN VAI DIRIXIDO?

  • Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3ºe 4º de E.P. Os de 5º e 6º xa teñenn EDIXGAL.
  • Axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de E.P
  • Axudas para adquirir material escolar para toda a E.P, DE 1º a 6º.

PRAZOS: Ata o 22 de xuño de 2022 (este incluído).

COMO FACELO? A solicitude para o fondo libros e as axudas para material escolar é a mesma. Podedes facelo de dous xeitos:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

    Debido á actual situación, presentaranse preferentemente nos formularios dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros , incluíndo o sistema de usuario e Chave365 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021

  • Presentación presencial no centro

    Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente nos centros docentes, descargándoas previamente na páxina https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=gl (solicitude presencial, Anexos I e II), na web do centro, ou ben recollendo os formularios na secretaría do centro.

QUE TEÑO QUE ENTREGAR?

  • Anexo I debidamente cuberto.

  • Anexo II (para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

  • Copia do libro de familia

 A maiores, no caso de darse algunha das circunstancias que se enumeran a continuación, tamén haberá que entregar:

  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.

*NOTAS ACLARATORIAS

  • O alumnado de 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros xa que formarán parte do proxecto E-dixgal (ordenador en vez de libro); non obstante, si terán dereito á axuda para adquirir material escolar.

  • O alumnado de 3º procederá á substitución dos libros de texto para a adaptación ao novo currículo (LOMLOE)
  • Se ides presentar máis dunha solicitude telemáticamente, recordade que tedes que facelas de xeito independente (unha por fillo/a); pola contra, se as entregades no centro, podedes entregar unha única solicitude.

  • A  non devolución dos libros de texto, sexan do curso actual ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022/2023.

  • O código do centro que se vos pide na solicitude é 36000685

ONDE ENTREGAR AS SOLICITUDES:

  • Como norma xeral, onde estea matriculado durante o prazo de entrega das solicitudes.
  • O alumnado que xa fixo a reserva, no centro de adscrición (no  I.E.S A Xunqueira I).
  • O alumnos que estean pendentes de admisión, no centro actual, de orixe.

NORMATIVAORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Os prazos son os que están en arquivo adxunto máiis abaixo

AdxuntoTamaño
Anexo 1 e 2.pdf2.05 MB
normativa 2022.pdf1.11 MB
prazos fondo libros 22-23.pdf95.54 KB

Acceso rápido

Asociación de nais e pais

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.