MATRÍCULA 2020-2021 (Do 1 ao 10 de xullo)
MATRÍCULA CURSO 2020-2021
PRAZOS: Do 1 ao 10 de xullo
A QUEN VAI DIRIXIDO? A matrícula realizarase de xeito automático para ao alumnado que xa está matriculado no noso centro, agás para o alumnado que se matricule en 4º de E.I e o alumnado novo que queira matricularse no noso centro por primeira vez.
COMO A FAGO? Descarga os documentos adxuntos ou recolle a solicitude na secretaría do centro.
ONDE ENTREGALA? Na secretaría do centro de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
QUE TEÑO QUE ENTREGAR?
- Traer a solicitude cuberta (Anexo III-1).
- As autorizacións para o uso de fotos, vídeos, a aplicación Tokapp, a recollida de alumnos no centro e no transporte cubertos.
- Documento de información adicional e cuestionario para as familias.
- Copia do DNI do alumno/a (se o ten) e dos pais.
- Orixinal e copias das páxinas do libro de familia.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
- Se o alumno/a procede doutro centro da Comunidade Autónoma de Galicia, solicitar un certificado de matrícula (informe AL997) na secretaría do centro de orixe
Normativa reguladora: DECRETO 254/2012 do 13 de decembro, Orde do 12 de marzo de 2013 e ORDE do 25 de xaneiro de 2017.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Documento de matrícula.pdf | 427.8 KB |
Autorización recollida alumnos.pdf | 89.32 KB |
Autorización transporte escolar.pdf | 90.89 KB |
autorizacion_unificada_fotos_videos_web_e_servizos_v1.pdf | 68.92 KB |
Cuestionario familias.pdf | 127.9 KB |
Información adicional familias.pdf | 67.97 KB |