Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019-2020) Habilidades ximnásticas (Acrosport)

A principios do segundo trimestre iniciámonos na práctica de habilidade ximnásticas sinxelas, tales como: a voltereta cara adiante, o pino de cabeza invertido (ACI), o pino de brazos invertido (ABI) e o pino voltereta, entre outras habilidades. A correcta adquisición de ditas habilidades ía a axudarnos a afrontar o que se nos presentaría posteriormente: a realización de figuras co propio corpo en distintas posicións no espazo, é dicir, o Acrosport.

Tras coñecer as normas de seguridade, os agarres e os apoios, puxémonos mans a obra. Comezamos analizando as nosas posibilidades, estudando as figuras, posibles colocacións e as dificultades encontradas. Sen máis, comezamos a explorar!

O primeiro dos retos que se nos plantexou foi a figura sinxela por parellas...

Logo a cousa comezou a complicarse un pouco. A dificultade era maior, requería máis forza, equilibrio, coordinación, etc.

Nas seguintes sesións dedicámonos a explorar as figuras de tres compoñentes; máis difícil pero máis cabezas a pensar...

Como xa dominabamos bastante ben iso das figuras 3, pasamos ao seguinte nivel: as figuras de catro compoñentes. Aquí a comunicación e o traballo en equipo foi a clave do éxito!

Xa para rematar cas sesións prácticas, os distintos equipos crearon as súas propias figuras, facendo unha "pequena competición" cos seus compañeiros/as. O obxectivo era facer unha figura o máis orixinal e complexa (tamén segura) dentro das súas posibilidades. Algúns dos resultados foron os seguintes:

Como o alumnado quería saber como quedaran as fotos das figuras, plantexamos unha sesión na pizarra dixital na que o alumnado podía comentar os puntos débiles e fortes das súas creacións.

A modo de valoración final da unidade didáctica, podemos dicir que o acrosport resulta un contido moi motivante e innovador para o alumnado, ademais de ser un recurso no que se traballan multitude de habilidades, capacidades e valores.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.