(2019-2020) Explorando todo o que poden facer os nosos robots, nos obradoiros libres dos recreos dos luns.
Ademais de todo o que traballamos cos robots, nas áreas e obradoidos que teñen lugar nos diferentes cursos, dos que podes atopar diferentes entradas publicadas nos respectivos recantos; tamén podemos explorar e traballar libremente cos robots educativos nos recreos dos luns.
Xuntos, compañeiros e compañeiras de diferentes idades, compartimos e intercambiamos experiencias e coñecementos traballando cos diferentes robots, coa axuda do profe Óscar, sempre que a precisamos.
Tamén aproveitamos estes recreos para rematar o mural que comezaran, os compañeiros e compañeiras de 6º do curso pasado, na aula de robótica.
Visitade os diferentes recantos desta mesma web para atopar máis información de todo o que facemos na área de robótica.