(2018-2019) Queres saber como un oso de gominola se convirte en mutante?... descúbreo no noso vídeo do experimento
Este mes á nosa clase lle correspondía crear o vídeo do experimento, nesta ocasión o dos "Osos mutantes"
Cando o profe nos presentou todo o material que precisaríamos fomos plantexando diferentes hipóteses de como empregalos, e que sucedería cos diferentes elementos.
Seguimos os pasos do experimento deixando un osiño de gominola dentro duns vasos con auga, auga con bicarbonato e zume de limón.
Habería que agardar ata a mañá seguinte para ver que sucedía cos osiños, e se se cumplían as nosas hipóteses.
Ata ese momento, pensamos que sería curioso mesturar os diferentes líquidos... sabes que sucede se mesturas o zume de limón con bicarbonato?... fai a proba e verás ;)
Ó día seguinte descubrimos o que sucedía, o osiño do vaso de limón desaparecera, o de auga quedara igual pero o que tiña auga con bicarbonato era agora "enorme"... era un oso mutante!!!
Chegou o turno de que cada equipo cooperativo seguise os pasos para reproducir o mesmo experimento.
Novamente tocaba agardar un día para observar os resultados.
Todos eles obtiveron os resultados agardados.
Para poder rodar o vídeo do experimento, que podes ver de seguido panel cos materiais precisos.
Velaquí tes a nosa explicación en vídeo deste experimento:
Completamos o caderno de campo co observado e os materiais empregados no experimento.
Podes ver este vídeo e os vídeos doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.