Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2008-2009) Preparamos a nosa excursión de fin de curso investigando

Cando plantexamos que iamos facer unha excursión ó final do curso para visitar un zoolóxico e un porto, xurdiron moitas preguntas sobre o que poderiamos ver e facer neles.

Para atopar a resposta ás nosas preguntas iniciamos un proxecto de investigación sobre "a nosa excusión", onde descubrimos e atopamos respostas ás nosas preguntas

O primeiro foi escribir entre todo O QUE SABIAMOS da excursión que iamos facer, tivemos que organizarnos no espacio do mural para poder anotar todo o mundo "os seus coñecementos previos" sen repetir os xa escritos polos compañeiros.

 

Estas foron tódalas "cousas" (organizados) que sabiamos sobre a nosa excursión;

 

Logo escribimos entre todos O QUE QUERIAMOS SABER, ou o que é o mesmo as preguntas que xurdiran ó principio (algunhas delas xa con solución ó escribir o que "sabiamos entre todos"), e outras moitas que foron xurdindo.

 

Xa coas preguntas organizadas, porque había moitas que se repetían ou que se descubrirían cando atopásemos a resposta a outras, chegou o momento de pensar ONDE PODERAIMOS ATOPAR A INFORMACIÓN, como xa fixeramos moitos proxectos de traballo ó longo do curso, as ideas xurdiron rápidamente.

Por primeira vez atopamos unha fonte de información que nunca usaramos, o calendario, xa que necesitabamos saber "que día sería a excursión", menos amal que a Ainhoa se lle ocurriu que seguramente o saberiamos mirando no calendario, onde sempre están anotadas as "cousas" que van a pasar.

Xa con todo preparado chegou o momento de ORGANIZAR O TRABALLO E COMEZAR A INVESTIGAR.

Un equipo investigou sobre se existían os tigres, atoparon un libro de animais onde aparecían nunha foto, apoco que acordamos que si existían.

 

Outro dos equipos investigou ¿cando era a excursión?, buscando no calendario atoparon que estaba anotado, xunto ó número 12 do mes de xuño a palabra ZOO e PORTO, asi que chegaron a conclusión que ese día debería ser a excursión, ademais contaron (cada día desde entón) os días que faltaban para a excursión.

 

Outro dos equipos adicouse a buscar ¿onde estaba o zoo e o porto?, no ordenador atoparon que estaban en VIGO, porque na web do zoo (que nos axudou a atopar o mestre) apararecía esa palabra "Vigo"

 

Por último outro equipo tentou atopar resposta a outras dúas preguntas, como iamos chegar ata alí e quen ía conducir .

O libro do "autobús Chus", que tiñamos do traballo sobre educación víal do curso pasado, foi moi útil.

 

Cada equipo foi anotando no mural os descubrimentos que ían facendo, para logo poder explicalos ó resto do grupo e así responder as preguntas plantexadas.

 

Para algunhas das preguntas investigamos entre todos, por exemplo para saber ¿que animais iamos atopar?. Para investigalo, usando a web do zoo que atoparamos outro día, e proxectando na pantalla de "usos múltiples",  tentamos "ler" o que poñía debaixo da foto de cada un dos animais.

Tamén atopamos un plano do zoo coa localización dos anmais, o mesmo plano que atopamos na visita ó zoo, así poidemos saber onde estaba cada animal, tan só había que buscar o número que tiña ó lado seu nome e buscalo no plano

 

Un día que subimos á aula de informática, descubrimos no encerado interactivo, ¿que era un porto? e ¿como se facían os barcos?.

Primeiro buscamos no diccionario que era un PORTO, descubirmos que neles había barcos, pero seguro que en internet atopariamos máis información

Poñendo a palabra PORTO (que tivemos que escribir pensando entre todos) apareceron moitas fotos do que nos pareceu un "aparcamento para barcos".

Tamén atopamos imaxes de peixas nun lugar chamado "lonxa", e chegamos á conclusión de que os barcos ían ó porto non só a "atracar" (que é como se chamaba realmente), sino para deixar os peixes que pescaron, e logo vendelos na lonxa.

Como tamén queriamos saber como se construia un barco o profe investigou en internet, e atopou un vídeo que amosaba "moi rápido" como se constrúe un barco. Podes atopalo na videoteca desta web, ou directamente miralo desde aquí.

Ademáis de no mural, fixemos o noso dosier con todo o que fomos descubrindo para levalo para as nosas casas.

 

Así quedou o noso mural da investigación, xa estabamos preparados para irnos de excursión.

Cando viñemos de volta, pegamos fotografías da viaxe e escribimos as cousas que miramos.`

Podes ver unhas poucas fotografías da visita ó zoo, a un monte en Arcade e ó aeroporto, na galería fotográfica desde aquí.

Nota: Debido á folga dos traballadores do sector do metal, non foi posible realizar a visita plantexada ó porto (quedando prevista para máis adiante) trocándoa por unha visita ó aeroporto e a un monte de Arcade. A visita ó zoo mantívose como estaba previsto.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.