(2016-2017) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro
Este mes de novembro só estaba de aniversario, nas dúas aulas de Infantil, a nosa compañeira MARIÑA; polo que ela soa foi quen tivo que elexir, do noso libro de receitas, que tarta prepararía para convidar ós seus compañeiros e compañeiras.
Xa con tódolos ingredientes que precisaríamos púxose mans á obra.
Coa axuda de varios compañeiros e compañeiras, e seguindo as instruccións da receita foi creando as diferentes capas da tarta.
Entre sobaos e natillas deron "creado" unha tarta que tiña unha pinta estupenda.
Tan só faltaba metela no frigorífico e agardar ata o día seguinte, que sería cando celebraríamos o aniversario de Mariña.
Despois de cantarlle o "cumpreanos feliz" en varios idiomas, chegou o momento de soprar as candeas da tarta que, con tanto esforzo fixera o día anterior.
Coa axuda dos mestres foi repartindo a tarta entre os compañeiros e compañeiras das dúas aulas. Estaba boísima!!
Tanto que algúns ata quixeron repetir.
E para rematar a celebración, antes de irnos ó recreo, unha festa con gusanitos, patacas fritidas e zume de piña, que é o noso f
Tan só nos queda agardar outro mes para poder celebrar os aniversarios do mes de decembro.