Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Coñeces a Beebot?... o noso robot abella programable.

Unha mañá profe chegou á aula cunha caixa chea de varias cousas, e entre elas había un novo compañeiro robótico.

Tratábase do BEEBOT, unha abella robot programable que se emprega en colexios de todo o mundo, como ferramenta para traballar aspectos lóxico-matemáticos, de orientación espacial, abastración e como unha primeira aproximación ós linguaxes de programación. (podes ler máis información sobre o beebot e outros robots educativos desde aquí)

 

O beebot e unha abella robot á que temos que indicar a través duns botóns, que accións debe facer (a isto se lle chama programar), de xeito que poida recorrer o camiño que se lle indique.

 

Ademáis o beebot veu coa súa cidade, na que hai diferentes comercios e ata o noso cole... tan só hai que contar cantos cadradiños ten que percorrer, que xiros ten que dar para chegar ó destino que se desexe.

 

Aínda que nos, tamén inventamos novas "formas de traballar co beebot" e a súa cidade... IMAXINACIÓN Ó PODER...: programamos o beebot para que choque coa torre e a tire ó chan.

 

Tamén temos que planficar as rutas sobre a grella da cidade do beebot, nun plano..

 

Para logo representala, seguindo o deseño, na grella real, respectando as cantidades, orientación e disposición das lousas na mesma

Despois de representar a ruta acordada, e deseñada no plano, chegou o momento de "programar" os movementos do beebot, para que fixera o recorrido. Descubrimos que nesta ocasión nos resultou moito máis doado programar os xiros.

 

Tamén o empregamos para xogar coa recta numérica... facendo que se desplace ata unha determinada cifra, que avance e retroceda unha cantidade a partir de outro, etc...

 

E cos máis pequenos tamén xogamos a programalo para que se desplace ata unha cor determinada... contando cantos "cadrados" tiña que avanzar e programándoas na nosa abella robot. 

 

Aínda nos queda moito máis que explorar e traballar con Beebot... non dubidedes que vos manteremos ó día de todo o que vaiamos facendo con el.

 

Pero o beebot non viña so... estaba acompañado doutro robot programable chamado o pro-bot, que ata podía debuxar sobre un papel o seu percorrido, e do que xa vos contaremos as nosas experiencias noutras entradas.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.