Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Preparámo-las exposicións da xornada de portas abertas "descubrindo a prehistoria"

Podes atopar información dos pasos previos sobre este proxecto de centro nas seguintes ligazóns:

(2013-2014) Preparando a xornada monográfica sobre a prehistoria no centro

(2013-2014) Así investigamos nas aulas sobre a prehistoria

(2013-2014) Planificámo-la xornada de portas abertas sobre a prehistoria.

 

O 19 de xuño ía ter lugar no centro unha xornada de portas abertas que, baixo o nome "Descubrindo a prehistoria", ía ser o producto final dos diferentes proxectos de investigación que sobre o tema se estiveron a desenvolver nas aulas dos noso centro. 

Lembra que nos recantos dos diferentes cursos da web atoparás máis información sobre todo este proceso de investigación.

Nas semanas previas, e xa cos descubrimentos que fixemos nas aulas, adicámonos a preparar as diferentes exposicións polos corredores e aulas así como as actuacións que terían lugar na sala de usos múltiples.

 

Ademáis tamén tivemos que decidir dentro de cada grupo quen e como faría de guía de cada exposición e que contaría en cada caso.

No andar superior os compañeiros e compañeiras de 3º e  4º, que investigaran sobre a pintura rupestre crearon a súa "Galería Altamira"

 

Incluíndo tamén unha recreación dun poboado prehistórico

 

Os compañeiros e compañeiras de primeiro prepararon os seus "contos prehistóricos".

 

 

Os compañeiros e compañeiras de segundo contáronnos como descubriron o "lume" e a "orda"

 

 

A exposición continuaba polo primeiro Andar onde un dolmen, elaborado polos compañeiros e compañeiras de 5º curso daba a benvida á zona adicada á vida na prehistoria e ás ferramentas que empregaban.

 

A exposición tamén continuaba dentro da aula de quinto curso.

 

Acompañado tamén dun glosario prehistórico creado na aula de P.T.

 

Na aula de sexto curso crearon unha cova onde contarnos tódolos seus descubrimentos sobre a vida na prehistoria, que posteriormente empregaron para plasmar nunha obra de teatro.

 

 

Tamén había unha zona adicada a "Stonehenge" elaborado na aula de inglés, e outra adicada "ó descubrimento da música e ós instrumentos musicais" na prehistoria a cargo da aula de música.

 

Os compañeiros e compañeiras de infantil, que investigaran sobre os petroglifos, convertiron o corredor nun "museo sobre os petroglifos".

 

Cunha exposición de reproduccións de petroglifos reais que investigaron.

E que tamén os crearon con land-art.

 

Ademais, na sala de usos múltiples os compañeiros de infantil, sexto e quinto prepararon as súas presentacións e actuacións, que formarían parte da visita guíada para pais e nais o día da xornada de portas abertas.

Se queredes ver que tal nos foi nesa xornada podes velo na seguinte entrada.

28/06/14: (2013-2014) Así foi a xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria".

Acceso rápido

Servidor do centro

Asociación de nais e pais

Formación do profesorado

Radio O Cervo

Proxectos T.I.C. do centro

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.