(2012-2013) Cumpreanos de xuño, por dobre partida.
Neste último mes de curso, fixemos, coma sempre, a celebración dos cumpreanos do mes.
Os homenaxeados foron AROA, que cumpría 5 anos
e David P., que cumpría 6 anos.
O celebramos o 11 de xuño, pois na seguinte semana tiñamos outra celebración pendiente.
Aroa e David trouxeron os ingredientes que precisaban para facer a súa tarta: sobados, prátano, natillas de vainilla,..
e con axuda dalgún compañeiro que se sumou, dérona feito.
Xa ó seguinte día, despois de cantarlles con moito entusiasmo, nos comemos a tarta e os gusaniños e patatiñas.
Qué rico estaba todo!!
A seguinte semana, e como despedida de curso, fixemos una pequena celebración polos cumpreanos daqueles compañeiros que cumprirán no mes de xullo e agosto, e seica tamén cumpriría algún profe....., pois xa no nos veremos nesas datas, e qué menos que celebralo todos xuntos!!
Así, os homenaxeados prepararon a tarta, esta vez con galletas, natillas de vainilla, nata en spray e cuberta de chocolate, froita e lacasitos.
Ese día sopraron as candeas,
Diego P. e Iván, que cumprirán 4 anos.
Carla e Diego H., que cumprirán 5 anos.
e Ángela, que cumprirá 40 anos.
O pasamos moi ben e estaba todo delicioso!!!
Por este curso remataron as celebracións, pero en setembro comezamos de novo!!