(2012-2013) Os nenos e nenas de 4º visítannos para que lles falemos sobre os minerais.
Xa sabedes que o proxecto de Minerais e rocas está rematado, e exposto o mural no corredoiro así como un panel cunha mostra dalgúns minerais e pedras preciosas.
Como vedes, tamén acompaña ao mural un grande mapa mundi que trouxo David, onde se amosa qué tipo de pedras abundan en cada parte do mundo.
E neste mes de febreiro, a profe de 4º, Susana falou coa nosa profe para organizar unha visita á nosa aula dos seus alumn@s pois van comenzar a traballar sobre os minerais e querían que nós lles contáramos o que sabíamos.
Lles contamos todo o que sabíamos a partir dun power point que proxectamos na nosa pantalla dixital, e cando rematamos, os nosos "invitados" se animaron a poñer en práctica o aprendido participando nas actividades LIM sobre os minerais que a profe elaborou.
Se queredes xogar con elas premede aquí.
Nos gustou moito que nos visitaran os compañeiros de 4º, estábamos moi emocionados e orgullosos.
Deberíamos facer moitas máis actividades como estas e ir perdendo pouco a pouco o medo e a vergoña de falar para outros que non forman parte do noso grupo habitual.
Ademáis, un compañeiro de 5º, Dani Camiña, visitounos un par de veces para traernos carbón e tamén cuarzo branco, xa que estivo mirando a nosa exposición e fixouse que faltaban éstes e él podía conseguilos.
Moitas gracias, Dani, polas túas achegas e por estar interesado no noso traballo.