(2011-2012) Continuación do proxecto de cabaleiros e castelos.
Xa temos bastantes respostas ás nosas inquedanzas sobre este proxecto pero, pasado xa o ecuador do mesmo, aínda nos quedan algunhas cuestións.
Esta semana recopilaremos información sobre Ricardo Corazón de león e outros cabaleiros importantes ó longo da historia.
Estas últimas semanas por fin demos rematado o noso castelo, con dúas torres, unha muralla, un foso, e só temos que engadir a ponte levadiza.
Tamén pintamos e pegamos as silutetas dun cabaleiro e dunha dama, nunha das torres, cuns buratos para meter as cabezas e convertirnos así en persoaxes da época medieval.
Nos gusta moito elixir ó noso cabaleiro ou a nosa dama e fotografiarnos con estes traxes tan medievais.
Pero non todo foi festa e decorar a aula. Tamén seguimos a recopilar información sobre os cabaleiros, as súas armas, os seus escudos é bandeiras...
En ocasións temos que marcar nos libros o que nos interesa meter no mural para así poder fotocopialo
Ademáis, por turnos e equipos continuamos a facer o traxe do noso "esqueleto cabaleiro" que case está rematado.
a parte que cubre o peito, que se chama "peto".
armadura dos antebrazos
armadura das pernas.
Tamén estamos facendo propostas para o diseño do "blasón" ou debuxo do escudo e da bandeira do noso castelo.
de momento non o temos decidido pois teñen que saír todavía máis ideas.
Ademáis vimos algúns videos curtiños en internet relacionados co noso proxecto e Guillermo e a súa nai nos mandaron a través de email información para o proxecto e o enlace a un corto sobre un dragón, podedes premer aquí para velo.
http://www.youtube.com/watch?v=lIRMXJOtfMY&feature=player_embedded
E isto é todo polo momento. Vos seguiremos contando...