Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Facemos un regalo para o día do Pai

O pasado 19 de febreiro foi San Xosé, o día dos "pais", e como todos os anos por esta data, uns días antes estivemos a preparar un regaliño para eles.

O marcamos no calendario con moita antelación e cada día contábamos cánto quedaba para que chegara.

Este ano fixemos unhas "almohadillas" para o rato do ordenador.

Como primeiro paso, eliximos cada un qué forma queríamos que tivese a nosa, tratando de ser orixinais e de facer cousas diferentes.

Como segundo paso, fixemos antes un boceto en papel, un diseño previo pensando cómo a poderíamos decorar e que logo nos axudara co regalo final.

Feitos os bocetos, pasamos a facelo en "goma eva" con rotuladores e ceras manley, fixándonos no que fixéramos.

Tamén preparamos nós o papel de regalo, decorándoo con témpera e esponxas.

 

 

Así quedaron finalmente os nosos regalos, nos que escribimos por detrás felicitando aos nosos pais:

Xa envoltos lles engadimos un flor que pintamos nós e listos!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.