(2011-2012) Participamos no Salón do Libro: facemos o libro dos números da sorte
Un curso máis voltaremos a participar no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra (www.salondolibro.org), que nesta ocasión titúlase "12+1".
Nesta ocasión, os cursos que participamos decidimos facer un taboleiro "do xogo do trebo", no que nas diferentes casillas aparecería un elemento relativo á boa ou mala sorte.
Cada un deses elementos estaría recollido, coa súa explicación, nun libro elaborado por cada curso. A nos correspondeunos facer o "libro dos números do sorte"
Primeiramente dialogamos sobre o que é "ter sorte" ou ter "mala sorte" buscando nos xornais, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, novas que consideramos de boa ou mala sorte.
Tamén buscamos en diferentes contos e situacións da vida real "onde podiamos atopar a boa ou a mala sorte".
Con estes feitos asociamos a boa ou mala sorte con un número, despois de discutir sobre a súa causa.
Cadanquen escolleu un dos números e elaborou a súa parte do libro.
Podes ver o noso libro "OS NÚMEROS DA SORTE" facendo click na seguinte ligazón:
Nota: por un problema técnico non dispoñemos de imaxes do proceso de elaboración do libro "dos números da sorte".
Tamén elaboramos entre todos o taboleiro de xogo.
E del penduraba o noso libro dos números da sorte.
Se vas a visitar o Salón do libro (do 4 ó 31 de marzo), podes tentar xogar con el.
Agora tan só nos queda visitar o Salón para participar nas actividades que nos propoñan e ver os traballos do resto dos compañeiros e compañeiras de outros colexios.
Iso xa o contaremos noutra ocasión.