(2007-2008) Somos pintores como Vicent Van Gogh
Un día apareceron na clase uns cadros nun cabalete, todos eles pintados por un pintor chamado Vincent Van Gogh, como nos pareceron moi interesantes porque estaban pintados con "liñas pequiñas", decidimos investigar sobre o autor e pintar tamén a nosa habitación, como tamén fixo Van Gogh coa súa.
Este é o autorretrato que Van Gogh fixo de si mesmo, discutimos en como puido pintarse a si mesmo (mirándose nun espello, cunha fotografía, de memoria...) aprendimos algunhas cousas sobre a súa vida, pero o que máis nos chamou a atención foi a súa barba de cor "vermello"
Buscamos en internet e miramos na Pantalla interactiva varios cadros dos que pintou, cos rotuladores "engadimos cousas ós seus cadros": unhas gafas, un sombreiro... e lle cambiamos a cor da súa barba, foi moi divertido.
Logo tamén o fixemos coas nosas fotos, disfrazándonos debuxando sobre elas cos rotuladores na P.D.I
Entre eles o que máis nos gustou foi....
A HABITACIÓN DE VAN GOGH
Analizamos polo miudo todo o que había na súa habitación, ¿de que color era cada cousa?, ¿que cousas había nas súas habitacións e que no tiña Van Gogh? ¿por que?... Entre as aportacións dos rapaces xurdiu unha pregunta ¿estaba pintado con ceras o cuadro? ¿como o pintou? ¿como se chaman o "aparello" que usan os pintores para pintar e que tamén tiñan na clase do lado?...
Acordamos que poderíamos pintar tamén a nosa habitación, pero con pincel e calbalete como os "pintores profesionais", así pois o profe trouxo a clase un cabalete, pedímoslle prestado o gorro de pintor os nenos/as da clase do lado e puxémonos mans á obra.
Démonos conta de que se pintabamos cun cor, logo non podíamos usar outro porque saían mesturados, algún propuxo que usaramos un pincel para cada bote, pero era un lío. Outra das ideas pareceunos máis interesante ¿por que non o lavamos cando queriamos cambiar de cor?, aceptouse a proposta e púxose como norma para pintar.
Outro dos problemas que apareceron foi que o cadro, unha vez rematado tiña que tardar un tempo e secar, polo que só podía pintar un neno/a por día, así que decidimos usar a lista de encargados e cada día o encargado podería pintar a súa habitación.
Por acordo de todos penduramos no cabalete o cadro de Van Gogh, para comparalo coa nosa creación, os demais cadros pendurámolos no recanto da casa, que se converteu nun museo formado polos cadros de Van Gogh e os nosos.
Unha das cousas que máis nos custou foi aprender o nome do pintor ¿por que ten ese nome tan raro?... ¿que vos parece?
Así pintamos os nosos cadros: