Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Primeiro trimestre en EF: 1º ciclo (1º e 2º )

Antes de comezar a traballar neste ano novo 2012 , botamos unha vista atrás para lembrarnos de todo o que fixemos durante o primeiro trimestre nas clases de Educación Física.

Todos os cursos comezamos co mesmo tema:

-1ª Unidade "Ola de novo!": nela, tentamos que a volta ao colexio fose alegre, cooperativa, participativa,... traballando en equipo nos distintas actividades e xogos. Tamén se aproveitou para explicarlles os distintos espacios de traballo e materiais, as normas de seguridade, funcionamento, aseo, comportamento,... 

Os de primeiro curso ademais tiveron que identificar, recoñecer e aceptar a todos os novos compañeiros e compañeiras posto que se xuntan nenos de 3 aulas distintas.

-2ª Unidade "O noso corpo": traballouse a través de exercicios e xogos co obxectivo de recoñecer as diferentes partes do seu corpo e as dos seus compañeiros, ver as distintas posibilidades de movemento de brazos, pernas e da columna vertebral, das diferentes articulacións e a representar o seu corpo  e localizar nel todas estas partes.

Como parte de todo este traballo preparamos o seguinte mural que temos exposto no corredor do colexio.

-3º Unidade "Os dous lados":Composta por actividades dirixidas a observar a súa dominancia lateral de mans, pés e vista, ver se recoñecen a súa dereita e esquerda, reproducir accións que fan os demais, situar obxectos con relación ao seu corpo,desplazarse á pata coxa, lanzar, recibir, chutar... co seu lado dominante, ...   Todo elo en busca de afirmar a súa lateralidade

Tamén por estas datas participamos no circuito de Xogos do Magosto

-4ª Unidade "Sentides?": Pequena unidade composta de 4 sesións baseadas en xogos centrados nun dos sentidos: tacto, oído, vista e a última cos cinco; para con eles desenrolar a súa capacidade de atención diferenciando voces, cousas con distintas texturas, olores, pesos, formas,...

- E xa en decembro na última unidade do trimestre desfrutamos cos Xogos Populares, aproveitando que a última semana chegaría ao centro un baúl con materiais e uns paneis con información sobre eles que estiveron expostos polo corredor do colexio.

Ademais dos xogos que fixemos nas clases tamén os nenos de sexto curso explicaron e practicaron con nós algún deles.

No patio cuberto pintaron 2 peletres, un xogo de cores, un caracol, unha gran diana, dúas serpes e unha zona de bolos, co que poderemos seguir xogando a todos eles.

E todo lles sabe a pouco, pois mirade como están no recreo!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.