(2011-2012) O Nadal
O Nadal xa pasou e vos queremos contar algunhas das actividades que fixemos nesas datas, de xeito paralelo ao noso proxecto e a outras propostas.
-Pintamos e decoramos a árbore de Nadal. Este curso a fixemos aproveitando botellas baleiras de prástico da auga.
Con vasos de prástico branco fixemos estrelas e espirais para decorala.
-Participamos na elaboración dos boletíns de información ás familias sobre a marcha do primeiro trimestre.
Neles reflexamos algunhas das actividades do día a día, así como as nosas preferencias e á pregunta de sobre qué nos gustaría investigar no próximo trimestre, estas foron algunhas das respostas:
COCODRILOS
HIPOPÓTAMOS
DINOSAURIOS
DRAGÓNS
CASTILLOS
-Fixemos as nosas tarxetas de Nadal, con material de refugallo; neste caso utilizamos teas, prásticos, papel de regalo e de bolsas, e botóns de diferentes cores e tamaños.
Con elas tamén decoramos a nosa árbore.
-Participamos no concurso de postais de Nadal que todos os anos convoca a asociación O Cervo, do concello. Este ano acadou un premio pola súa postal un neno da nosa aula, Raúl. Noraboa!
-Contamos e limos contos relacionados co nadal.
-Escribimos a nosa carta, algúns a Papá Noel e outros aos Reis Magos.
-Preparamos as nosas actuacións para o festival de Nadal: "En Navidad" de Rosana e o baile das "Vacas Lobotómicas".
Así estábamos nos ensaios.
E así o día da actuación. Qué nerviosss!!!
Agora, á volta das vacacións daremos por rematado o proxecto do espacio e entre todos decidiremos qué tema nos interesa para aprender novas cousas.
Tamén imos participar no Salón do Libro de Pontevedra que este ano trata sobre "a mala sorte".
A ver qué cousas inxeniamos....
Por certo, feliz ano 2012!!!