Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Onde imos gardar tantos bonecos?

Un día pola mañá atopamos unha chea de bonecos de peluche dentro dunha bolsa, o profe contounos que os trouxera Carmen, a persoa que limpa o colexio. 

Como eran tantos decidimos compartir a metade coa outra aula, así que contamos cantos había e fomos escollendo "un para cada aula".

 

Eran tantos que non tiñamos onde gardalos. Onde iamos gardar tantos bonecos?

 

Acordamos tamén escribir unha carta de agradecemento.

 

Cando a rematamos metímola nun sobre no que escribimos o seu nome, e deixámola na aula para que a recollera pola tarde.

 

Para poder gardalos buscamos polo colexio unhas caixas, pero eran demasiado pequenas e non cabían dentro. Seguramente xuntándoas caberían... pero tampouco

Despois dun diálogo entre todos e todas, alguén tivo a idea de que se cortabamos a parte do medio seguramente caberían, e coa parte que sobrase poderiamos facerlle un tellado e así construir "a casa dos bonecos".

 

Marcamos nas caixas por onde tiñamos que cortar.

 

E si, agora si cabían dentro da nova caixa.

 

Unha vez pegada así quedou a nosa casa, e xa tiñamos tódolos bonecos preparados para metelos dentro. Faltaba agora decidir como a iamos a decorar.

 

Decidimos empregar vermello, azul e verde, escribimos os nomes das cores para poder usalos cando as necesitaramos.

 

Cada quen pintou a casa dos bonecos como quería que quedase a nosa caixa decorada.

 

Logo escribimos ó lado de cada parte da casa o nome da cor que escollimos para ela.

 

E despois dunha votación, o deseño de Anxo foi a elexida entre todos por catro votos.

 

Decorámo-la caixa segundo o deseño feito por Anxo.

 

Ata que quedou igual que no deseño.

 

Metimos dentro da casa tódolos bonecos.

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.