(2010-2011) Investigamos sobre os animais e observamos como viven os gusanos.
Mentras estabamos a investigar sobre o corpo, chegáronos varias notas dos nenos de primero, que estiveron en infantil o curso pasado, suxeríndonos preguntas para investigar: Que insectos hai? que animais nacen de ovos?
Pensamos que sería interesante investigar estas preguntas cando remataramos a investigación sobre o corpo.
Ademáis o profe trouxo un "terrario" onde iamos ter gusanos para ver como vivían. Sobre este tema tamén xurdiron moitas preguntas.
MONTAMOS O TERRARIO.
Co terrario, había un libro que explicaba o que había que facer así que seguimos a instruccións:
Primeiro enchelo de diferentes capas de terra.
No libro indicaba onde había que buscar a terra, debaixo de árbores, ademáis tamén indicaba os instrumentos que precisabamos para recollela.
Así que decidimos facer unha lista co material que precisabamos.
Recollemos todo o material que escribimos na lista e marchamos cara a o patio, co libro que indicaba como buscar a terra.
Buscamos árbores e recollimos a terra que había debaixo.
Xuntamos toda esta, coa que rematamos de encher o terrario.
Tamén engadimos un pouco de auga, tal como indicaba o libro.
Tan só nos faltaba atopar gusanos, tentamos facer o que dícía no libro de poñer un cartón húmido enriba da herba, pero ó día seguinte seguían sen aparecer os gusanos.
E tamén buscamos debaixo das árbores, pero nada, non atopamos ningún.
Decidimos pedir axuda, escribindo unha carta a varios cursos a ver se nos podían axudar.
E ó final a profe Rita, atopounos na súa casa, e tróuxonolos para meter no terrario.
Todos queriamos velos na súa "nova casa", pero claro había pasalo dun ó outro con moito coidado.
Tamén llos llevamos á clase da profe Rita para que os seus nenos e nenas mirasen como estaban na nova casa, poderían pasar a velos cando quixeran.
ORGANIZAMOS A INVESTIGACION:
Como sempre escribimos o que queriamos saber (xa tiñamos tres preguntas: as dúas que nos fixeron cunha carta, e outra sobre os gusanos), a elas se uniron varias máis.
Pouco a pouco fomos enchendo o recanto da investigación co material que iamos traendo da casa.
O profe colcou 11 cartolinas de cores e cada unha delas tiñan un número. Para que serviría?, despois de discutir un rato sobre o tema, chegamos a conclusión de que cada folla era para poñer a resposta a cada pregunta, e o número indicaba a pregunta á que se refería.
Ademáis ocurriúsenos que poderiamos facer un libro con todas estas follas cando remataramos a investigación.
Como sempre investigamos por equipos para atopar nos libros, ordenadore e "follas" as respostas ás nosas preguntas.
Que animais viven no mar e na terra?
Que bichos hai?
Que animais teñen 2 ou 4 patas?
E deste xeito ata rematar a investigación con tódalas preguntas.
Como durmen os paxaros?
Como pasen os animais?
Neste caso non atopamos a resposta á pregunta de como pasean os insectos, así que escribimos este feito na folla da investigación.
Que animais dan leite?
Algunhas respostas atopámolas na nosa visita ó mercado e á exposición fotográfica sobre animais, que xa vos contamos e que podedes voltar a ver aquí.
ORGANIZÁMONOS:
Cada vez que faciamos un equipo, sacabamos unha foto coa webcam do ordenador, era moi divertido colocarse para sair todos na foto, antes de que a conta trás chegase do cinco ata o un.
Ó lado de cada fotografía escribimos o número da pregunta que estabamos a investigar en cada caso.
Así quedou o noso panel da investigación unha vez rematamos de atopar as repostas a tódalas preguntas.