Celebración da festa dos maios no colexio.
Este ano con motivo da celebración das Letras Galegas, fixéronse moitos traballos,uns referidos ó autor ó cal ían adicadas as Letras Galegas este ano:Lois Pereiro
uns traballos foros expostos e outros foron realizados na aula empregando diferentes materiais.
Desde fai uns anos, vense celebrando no colexio a festa dos MAIOS.O traballo facíano os nenos e nenas dos cursos máis altos;eles e elas preparaban o maio e tamén as coplas.Este ano como novidade, participou todo o cole:desde os máis pequenos ó máis grandes.
Primeiro reparteuse o traballo por ciclos, cada un trouxo o material que lle correspondía.
e logo por aulas, foise montando.
os pequenos fixeron cadeas de pampullos,
Os de terceiro fixeron as cadeas de laranxas:
e como vedes cada un foi facendo para engalanar o mellor posible o maio deste ano.
Todos e todas traballaron ben e con alegría
poñendo moita concentración
e finalmente aquí tendes o resultado da participación de todos e de todas
bueno,aquí os pequenos están a darlle os últimos retoques e agora siiiiii! agora ,aquí está o traballo rematado
bonito,non?. Aquí, en Campo Lameiro somos uns artistas.
Para o festival que fixemos as coplas do maio tamén por todo o colexio.Quedaron moi divertidas e as cantantes e os cantantes fixérono moi ben.
Ademais dos maios, no festival tivemos música:cantamos todos e todas a canción:Debaixo da figueira
e logo tivemos teatro representado polos nenos e nenas de 5º
e tocamos o Himno Galego.