(2010-2011) Rematamos a nosa investigación sobre o corpo
Podes ler as entradas previas publicadas sobre este proxecto de investigación nestas ligazóns:
24/02/11: (2010-2011) Comezamos unha investigación sobre o noso corpo
07/03/11: (2010-2011) Visítanos un enfermeiro para respostar ás nosas preguntas sobre o corpo
26/03/11: (2010-2011) Continuamos co proxecto de investigación sobre o corpo
08/05/11: (2010-2011) Seguimos a investigar sobre o corpo
Tan só nos quedaban tres preguntas por responder na nosa investigación sobre o corpo, como sempre voltamos a organizarnos por equipos:
Un deles encargaríase de buscar COMO FACÍAN OS MÉDICOS PARA MIRAR O CORPO POR DENTRO?
E descubriron todos estes aparellos, só nos faltaba por saber como se chamaba o aparello para ver os bebés na barriga das nais, pero o día que veu a visitarnos a profe Ángela, preguntámoslle como fixeran para ver o seu bebé antes de nacer e díxonos qeu lle fixeran unha ecografía.
Outro dos equipos encargouse de investigar COMO SE MANTIÑAN XUNTOS OS OSOS DO ESQUELETO?
E descubriron que se mantiñan xuntos gracias os LIGAMENTOS e que se podían doblar gracias ás ARTICULACIÓNS, e así o indicaron na folla que ían pegar no mural.
O terceiro equipo investigou DE QUE ESTABAN FEITOS OS MÚSCULOS?
Descubriron que estaban feitos de carne.
E con esta resposta por fin completamos o noso mural de investigación sobre o corpo.
Contamos cantos equipos necesitamos para investigalo todo e eran trece.
Rematamos tamén o noso libro sobre o corpo para levar para casa, contando os tres novos descubrimentos que fixeramos.
E dobramos o "noso corpo" para poder levalo para casa.
Ordenamos as "follas do noso libro", como descubrimos tantas cousas para ordenalas o profe foi dicindo as preguntas que tiñamos, e fomos buscando a folla onde estaba a resposta.
Recollemos o material que trouxemosd a casa (libros, fotocopias...) e quedou o noso recanto da investigación novamente valeiro.
Metemos o material, o libro do corpo que fixemos e a nosa silueta do corpo nunha bolsa, para poder levala para casa.
Antes de levalo todo para casa, revisamos as nosas "ideas previas" que dixemos ó comezo da investigación e fomos tachando aquelas que agora sabemos que non eran correctas (temos dous cerebros, cambia de cor...)
Tan só nos quedaba contar na casa todo o que aprendemos
De seguro que axiña iniciamos unha nova investigación.