(2010-2011) Participación no Deporte escolar: Tenorio
O pasado luns 4 de abril tivemos a nosa última participación nas xornadas de Deporte escolar.
Desta vez tivemos que sair a xogar cos nenos e nenas do colexio de Tenorio, cos que fixemos partidos de: fútbol, balonmán, baloncesto, bádminton e xadrez.
Os primeiros en participar foron os do terceiro ciclo:
- No partido de fútbol non fumos capaces de marcarlles a pesar dos moitos intentos,
- no de balonmán estreamos o marcador gracias a un gol de Alba
-e en baloncesto fixemos canastas: Roberto, Belén, Jaime e Julio, perdendo por 10 a 8.
Nos partidos de bádminton gañaron Uxía e José, e nas de xadrez non lles demos comido un só rei.
Por último xogáronse os partidos do segundo ciclo:
-No de baloncesto gañamos con canastas de Borja, Ismael S. e Ismael E.,
-no de balonmán marcaron goles Xermán e Ismael E. aínda que perdemos
- e no de fútbol marcaron Alex e Borja quedando 3 a 2.
A pesar de que os resultados non ían todo o ben que quixeramos nas gradas non paraban de animar con bailes e cancións.
Agora só nos queda ir á Festa do Deporte Escolar , onde nos faran entrega a todos os nenos, nenas e colexios as medallas e trofeos por participar.
Noraboa a todos e todas!