(2010-2011) Entroido: obedecendo ao MECO
Durante a semana anterior á celebración do Entroido no colexio puxeron O MECO.
Este daría cada día unha orde a cumprir por tódolos nenos e nenas do colexio. As ordes eran propostas cada día por un dos ciclos
Os primeiros que a puxeron no meco foron os de Infantil: todos con MANDIL.
Así estabamos todos na nosa clase
Logo o primeiro ciclo decidiu porlle ao Meco o cartel de todos con SOMBREIRO.
En quinto somos moi obedientes así que ... aquí estamos
O segundo ciclo decidiu que todos con ZAPATOS DIFERENTES.
E por último os de terceiro ciclo xuntámonos e despois de moito debatir decidiuse que todos viñeramos con PIXAMA da casa
Cada un destes días ao chegar fixemos un desfile na clase para elexir a mis e mister que mellor viñera.
Por exemplo, aquí tedes momentos do desfile do último día:
O máis votado foi Martín: foi o que mellor siesta botou
De verdade que o pasamos ben.
Oxalá para o ano volte o Meco, aínda que poucas propostas diferentes nos quedan