(2010-2011) Á volta do Nadal... atopamos unha sorpresa
Xa estamos de volta, despois das vacacións do Nadal.
O primeiro día, en canto chegamos, atopamos debaixo da nosa árbore de Nadal dous agasallos, un para a nosa aula e outro para a dos nosos compañeiros e compañeiras.
Entre todos abrimos o regalo, e dentro atopamos....
Un libro chulísimo titulado a ARAÑA MÁIS INTELIXENTE
De seguida lle atopamos un sitio nun dos andeis da nosa biblioteca de aula, ademáis tamén lle puxemos o seu número. Tocoulle o número 92.
Como xa rematara o Nadal, tamén chegou o momento de quitar os nosos adornos da árbore de Nadal.
Cada un foi quitando o adorno que trouxo, para poder gardalo na casa e empregalo na árbore do próximo Nadal.
Ó final á árbore quedou sen ningún adorno.
Tamén o primeiro día tivemos que cambiar o noso calendario, porque "xa se lle acabaran as follas", por outro novo, onde xa anotamos a data na que levarían o noso traballo para o salón do libro, pero eso xa o contaremos noutro momento.