(2010-2011) Celebramo-lo Samain
A semana anterior á festa do Samaín no colexio, estivemos traballando sobre o tema.
Fixemos morcegos, bruxas, arañas e pantasmas para pendurar no corredor.
Xuntámolas todas para poder logo penduralas, fichemos unha chea delas.
Para participar na festa do Samaín, xuntos cos compañeiros e compañeiras da outra aula preparamos o conto "Corre corre cabaciña", empregando un papel xigante, que iriamos despregando pouco a pouco.
Cada quen fixo a súa parte do conto
E tiñamos que organizarnos para traballar xuntos colaborando.
Así de longo nos quedou cando xa o tiñamos rematado.
Tamén fixemos cabazas de samaín, que daban moito medo, entre as dúas aulas fixemos cadansúa cabaza.
Que tamén decoramos.
Algúns particiamos no concurso de cabazas xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio, traendo as cabazas decoradas das nosas casas.
Estas son as da nosa aula.
Cando chegou o día da festa do SAMAÍN, difrazámonos para dar "moito medo" ós compañeiros e compañeiras.
Pintámonos a cara con maquillaxes monstruosas que sabía facer a profe Ángela.
E viñeron a asustarnos os nenos e nenas de outros cursos difrazados.
Participamos na votación da "mellor cabaza do colexio", e por grupos visitamos a exposición, onde tamén estaban as nosas cabazas para escoller a que máis nos gustaba.
Escribir o seu número nun papel e deixar o noso voto na caixa, que estaba ó lando dunhas teas de araña moi asquerosas.
Asi quedaban tódalas cabazas da exposición encendidas... daban moitísimo medo.
Para rematar contámoslle ós compañeiros e compañeiras do colexio o noso conto, que puco a pouco ía a aparendo cando se tiraba del.
Tamén asistimos ás actuacións dos demais compañeiros e compañeiras do colexio e para rematar, cando dixeron os gañadores e gañadoras da votación, resultou que a máis votada de Educación Infantil foi a do noso compañeiro ÁNGEL.