Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Traballamos sobre o Outono: árbores do patio e seta xigante

Cando chegou o outono, xa que así o tiñamos marcado no calendario da clase, estivemos falando das cousas que sucedían nesta estación, moitas delas xa as falaramos o ano pasado.

Lembramos que caían as follas, que os paxaros emigraban (así o investigaramos o curso pasado)... Cando llo contamos ós novos compañeiros/as, pesamos que o mellor era ensinarlles as árbores do ano pasado e ver se ca había follas no chan. 

Cando chegamos ó patio descubrimos que o chan estaba todo cheo delas. 

 

Entre todos recollimos moitas follas, verdes e de cor marrón, ata que enchimos a bolsa. 

 

Antes de marchar "despedímonos das ábores" cunha aperta. Voltaremos cada pouco para ver que árbores se quedan sen ningunha folla e cales se quedan con elas.

  

 

Xa na clase empregamos as follas para voltar a "vestir" a nosa ábore, coas follas verdes na parte superior e a as marróns na parte de abaixo. 

 

 

 

FROITOS DO OUTONO XIGANTES:

Coa chegada do outono decoramos o corredor con froitos do outono XIGANTES.

Os compañeiros/as da outra aula farían castañas,  nos unha seta enorme, e entre ambas aulas unhas uvas. 

O primero de todo foi ter unha silueta da seta en papel. 

 

Para pintala, como non nos poñíamos dacordo en que cores empregar, decidimos buscar en internet a imaxe dunha seta para ver que cores tiñan. De tódalas que había a que maís nos gustou foi esta.  

 

Despois de buscar as setas, chamounos a atención os diferentes tipos que habían e xurdiron moitas preguntas: poden comerse? cales? que cores teñen?... decidimos iniciar unha investigación (Proxecto de traballo) do que xa vos falaremos outro día.

Agora xa sabíamos que cores empregar, pero decidimos deixar a imaxe no ordenador para poder vela cando se nos esquecesen.

Puxémonos mans á obra, tiñamos que pintar de cor vermella pero tendo coidado de non pintar os círculos brancos, como os que atopamos na imaxe.

 

Pintamos entre todos as dúas partes da seta. 

 

 

Cando rematamos, lavámo-los pinceis para poder usalos noutra ocasión. 

  

Cando rematamos deixámolas a secar, ata o que votaramos o día seguinte.   

 

Cando chegamos, ó seguinte día, descubrimos que algúns dos círculos brancos foran pintados "por descoido", así que buscamos unha solución. 

Debuxamos, con axuda dun círculo de madeira, algúns do mesmo tamaño que os da seta. 

 

 

Recortámolos... 

 

E os pegamos nas setas, nos lugares que foran pintados por erro.

 

Chegou logo, xa coas setas rematadas, o momento de converlilas nunha seta xigante. Para elo fixemos bolas enormes de papel de xornal.  

 

E con moito coidado fómolas metendo dentro da seta para facela "engordar". 

 

Así de XIGANTE quedou a nosa seta, que colgamos do teito no corredor, era tan grande que casi era da mesma altura do encargado.

 

 

Xa coa seta feita tamén fixemos, outro día, a nosa parte do racimo de uvas xigante, que construimos xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula. 

 

Así quedaron penduradas no corredor do colexio.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.