(2009-2010) Comezamos a traballar as Letras Galegas participando nun xogo de pistas
A semana pasada tivemos unha sorpresa, a profe Ángela trouxo uns sobres que dentro contiñan algo escrito: eran pistas sobre algo que había que atopar dentro da clase.
Nos agrupamos por parellas e cada parella era a encargada de descifrar unha pista e atopar o misterioso "obxecto".
Algunhas pistas as lían nenos ou nenas que saben ler eles sos, outras entre todos e outras a profe,
Aquí está Raúl lendo a do seu equipo, e o lugar misteriosos resultou ser
debaixo do proxector de luz; ´
outros buscaron debaixo das sillas,
Outros detrás do calendario,
detrás do reloxio
outros...
atoparon a súa pista metida dentro dun conto.
O que estaba escondido en cada lugar eran tarxetas con palabras e cada tarxeta tiña ademáis un número.
O seguinte paso era ordealas para ver o resultado final
E así foi quedando,
Era unha poesía, que estamos aprendendo e tamén interpretaremos con melodía o día das letras galegas.
E a escribiu Uxío Novoneyra, o homenaxeado este ano polas letras galegas.
Uns días antes, a profe amosounos unha foto de Uxío Novoneyra pero sen dicirnos quen era e preguntounos quén podía ser, a qué se podía adicar e por qué.
Estas foron as respostas:
-UN REY PORQUE TIENE UNAS BARBAS COMO UN REY. SE LLAMA MAURICIO.
-CUIDA ANIMALES. UN GRANJERO.
-UN PINTOR.
-É UN MÚSICO. TOCA A GUITARRA. PORQUE ME PARECE A CARA DE MÚSICO.
-É O PAI DUNHA NENA QUE SE CHAMA MARICHUS E QUE SALE NAS TELENOVELAS.
-O PAI DUNHA CHICA.
-TEN CARA DE ALCALDE. POLA BARBA. E TOCA INSTRUMENTOS.
-UN JEFE. LOS JEFES TIENEN BARBA.
-É UN MÚSICO E TOCA A GUITARRA ELÉCTRICA.
-ES UN ACTOR.
Finalmente resolvimos a dúbida descubrindo quen era en verdade. Agora estamos facendo retratos del, e algúns traballiños relacionados coa súa biografía.
Tamén empezamos a facer un proxecto sobre "o comic". Todo xurdiu a partir dun debuxo dun cuco (o cuco do que fala a poesía), do que saía unha especie de globo onde había letras (aparece nunha foto máis arriba) e a profe explicounos que iso era un "bocadillo" como os dos comics.
Como nos fixo moita gracia nos tamén probamos a facer bocadillos con textos, elixindo a 2 compañeiros e creando un diálogo entre eles, e como a todos nos gustou moito a actividade e o tema dos comics suscitou moito interese estamos continuando a traballar nelo.
Dentro de pouco vos contaremos o que fixemos!