(2009-2010) Participamos nun obradoiro musical.
Esta semana, o mércores estivo na nosa escola unha prestixiosa mestra de Educación Musical, Susa Herrera, da Universidade de Vigo que imparte clases en Maxisterio e que ademáis realiza cursos e talleres para mestres así como cancións e melodías para algúns proxectos musicais infantís.
O día anterior xa falamos na clase de quen nos viña visitar. Escribimos entre todos o seu nome e apelidos, vimos unha foto así como un libro no que participou,
que ten moitas das cancións que coñecemos: O polo Pepe, O elefante Casimiro, Buscando a Papá Noel.
Ós nenos e nenas fíxolles moita ilusión poder coñecer á persoa que escribira estas cancións que tanto lles gustan.
Houbo un traballo previo e tamén un traballo posterior que consistiu básicamente en representar esta vivencia, por un lado a través do debuxo e a escritura (se irá amosando paralelamente ás fotos do taller) e por outro, a través do xornal, reflexándoo como unha nova nas nosas vidas (este trimestre comezamos a elaborar o noso propio xornal de cada neno e nena).
Aquí estamos xa na sala de usos múltiples con Susa e a súa axudante Merche,
"LAS PROFES DE MÚSICA"
"MERCHI E A RADIO"
Tiñamos que estar todos moi atentos pois Susa primeiro nos explicaba cómo tiñamos que facer en cada xogo ou canción, onde o ritmo así como os sons corporais estaban moi presentes.
Tamén nos propuxo algunha que outra adiviña, dándonos pistas, para saber sobre quén íamos cantar.
"TODOS BAILAMOS"
"NOS DAMOS A MAN"
Ó día seguinte recordamos esta experiencia contando o que máis nos gustou (á maioría o baile do gorila), debuxando, escribindo e pegando esta noticia ou nova no noso xornal individual,
"É FAMOSA. CANTA. QUE NOS VEN VISITAR"
O pasamos todos moi ben e esperamos que volva pronto!