Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2009-2010) Facemos un agasallo para o día do pai

Tal como tiñamos anotado no calendario, o 19 de febreiro era o día do pai, e pensamos en facerlle un agasllo a alguén da nosa familia (pai, avós...)

Como agasallo iamos facer un marco.

En primeiro lugar debuxamos, coa axunda dunha plantilla, a silueta do marco nun cartón e logo recortámola.

 

Entre as cores que tiñamos para pintallo escollemos o morado.

 

Todo o mundo foi quen de pintar o seu marco sen mancharse, ou canto menos sen mancharse moito :)

 

Logo tocaba poñelos a secar, pensamos que no chan estarían ben. Tivemos que esperar ata o día seguinte a que secase a témpera.

 

Logo decorámolos con corazóns feitos de plastilina, que fixemos usando uns moldes que tiñamos, xunto a outros moitos.

 

Así de bonitos nos quedaron.

 

Para que non rompera e quedase brillante botámoslle ALKIL, que aínda que facía que quedase todo de cor branca, cando secaba era transparente.

 

Mentras secaba o ALKIL do marco, escribimos entre todos unha tarxeta, que sería a parte traseira do marco. Acordamos escribir FELICIDADES, entre todos fomos quen de "descubrir" tódalas letras que facían falta.

 

Puxémonos máns á obra.Xa co texto escrito e plastificado, puxémoslle unha foto dentro. Cada un escolleu que outro compañeiro/a lle tiña que facer a fotografía coa cámara dixital. Algúns eles sos e outros con axuda, pero conseguimos que todos tivesen a súa foto.

 

Tan só faltaba facer o papel de regalo, organizámonos por equipos segundo como queriamos que se decorase o papel (con gomets, debuxos, raias...)

 

Esperemos que lles guste.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.