(2009-2010) Visitamos e participamos no Salón do Libro 2010
O día 19 de febreiro, visitamos o Salón do Libro de Pontevedra para participar nas actividades organizadas.
Como chegamos un pouco antes da hora da entrada, puidemos tomar a merenda para entrar "coas forzas renovadas.
Na entrada atopámonos co lobo ORBIL, e esta vez ninguén chorou porque lle tiña medo.
Leváronnos ata unha sala moi bointa onde o pasamos moi ben cos contos e cancións de "Migallas".
Logo fomos entrando nas distintas habitacións, todas era moi misteriosas, e nelas había que atopar a ORBIL que estaba alí agochado.
AS CASAS DE NOITE, CUNHA LÚA XIGANTESCA.
UNHA CIDADE COAS LUCES DAS VENTÁS ACESAS.
Ata estivemos DEBAIXO DA CIDADE, por onde van os sumidoiros e as tuberías... seica por alí vivían as ratas.
Atopamos, entre os traballos de tódolos colexios, o noso edificio xigante, e ata leron o noso conto DO PEIXE MORADO.
Despois da visita puidemos xogar con ORBIL, e ler moitísimos contos nunha enorme biblioteca. Primeiro no autobús
E logo na CIDADE.
Tédelo que visitar, xa que o pasaredes tan ben coma nos.
Para máis información sobre o horario de apertura para o público e visitas de balde podes entrar na web do Salón.