VOZ NATURA. Entrevistamos a Xiana, experta en bosque atlántico
Este curso estamos a levar a cabo un proxecto sobre as "25 especies do bosque atlántico" encadrado dentro do progrma Voz Natura, un programa de educación medioambiental que busca poñer en valor o patrimonio natural e cultural da contorna na que vivimos.
Dende o centro queremos elaborar unha plantación de bosque atlántico nunha zona próxima ao centro, co obxectivo de poñer e valor e recuperar especies autóctonas que están a desaparecer. Pero, para iso debíamos informarnos, documentarnos e preparar as preguntas para para a visita dunha experta ambiental como Xiana Albor. Algunhas das prguntas que lles fixeron foron:
Cales son as especies do bosque atlántico? Cal é a súa extensión?
Que diferenzas hai entre o bosque atlántico e o normal?
Cal é a fauna e flora autóctona en galego?
Que animais e plantas están extintas?
Cales son as especies invasoras?
O noso concello ten algún bosque atlántico?
Cales son os perigos aos que se enfrenta o bisque atlántico?
Cal é a súa riqueza?
Que podemos facer para recuperalo?
Despois de ter as preguntas preparadas, dirixímonos á radio escolar para entrevistar á nosa experta. Foi unha xornada moi pedagóxica, interesante e que nos vai a aportar moita información para seguir co noso proxecto.
Grazas pola visita, Xiana. Agora xa sabemos moito máis sobre o bosque atlántico!
Podes escoitar a entrevista a continuación ou no apartado "Radio O Cervo"