Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Día Mundial da Infancia, aprendendo e reflexionando sobre os nosos dereitos

Xa estamos de volta cunha nova actividade de dinamización de convivencia, en colaboración coa nosa estupenda biblioteca escolar. Queredes saber en que consistiu.

Pois ben, como xa saberedes todos e todas, este curso estamos a tope co CPIncúe: Iguala-T, polo cal imos traballar o tema da igualdade, tanto dende a perspectiva de xénero como racial. Por tanto, quixemos aproveitar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro), para aprender más sobre o que son os dereitos da infancia, e debatir entre todos e todas as aulas se na actualidade todos os nenos e nenas gozan do exposto na Declración de Dereitos da Infancia.

Como o fixemos? Moi sinxelo. En primer lugar, buscamos información na nosa biblioteca, na que atopamos un libro que foi perfecto para esta ocasión: "Declración de los Derechos del Niño" de Jordi Sierra I Fabra e Christian Inaraja. Neste libro puidemos atopar nun formato moi fácil de entender, con rima e unhas ilustracións chulísimas, todo o que necesitabamos saber para por en marcha esta iniciativa.

Tendo toda a información necesaria, o seguinte paso foi a exposición en cada aula da temática. Cada grupo debatiu e falou acerca destes dereitos, e por suposto, a súa importancia para asegurar unha igualdade real entre todos os nenos e nenas, independientemente da súa procedencia, etnia, sexo, condición... Un debate que deixounos unhas reflexións moi interesantes, e que preparounos para a elaborción duns globos moi especiais.

Sintetizando todos os dereitos en dez, repartímolos a dous por aula, e cada grupo indagou sobre os escollidos. Despois, tomando un extracto do libro antes mencionado, escribimos nuns globos de cartolina en que consiste cada dereito, e fixemos unha lectura simbólica en gran grupo como posta en común do noso traballo de investigación.

Unha vez rematada a posta en común, puxemos os globos na entrada do colexio, de xeito que poidamos ter presentes os nosos dereitos todos os días, cada vez que poñemos un pé na escola. Pero xa nos coñecedes, simplemente pegar os globos non era suficiente. Así que unha cordiña por aquí, uns debuxos por alá, uns recortes por ahí... e ao final, coa axuda das nosas mestras e mestres que son unhas artistas, rematamos por facer un mural chulísimo entre todos os cursos.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.