(2023-2024) A narración desde o teatro e o movemento
Benvidos ao blog da biblio! Xa sabedes que na biblio do noso cole encántanos levar a cabo toda clase de actividades e obradoiros. Iso sí, hai unha cousa que nos gusta todavía máis... reunir a toda a comunidade educativa! E iso é o que fixemos para inaugurar o curso 2023-24.
O día 3 de outubro, levamos a cabo o obradoiro: "A narración desde o teatro e o movemento", a mans de María Torres, directora artística da compañía de teatro "Elefante Elegante". Unha actividade do máis completa, pois a trvés da expresión corporal traballamos moitos aspectos básicos na nosa vida: superar a vergoña, comunicarnos mellor, coñecer mellor o noso corpo...
E iso fixemos durante o obradoiro, aprender ao mesmo tempo que o pasamos estupendamente ben. María ensinounos ferramentas moi útiles, tanto para os nenos e nenas, como para as familias e os mestres e mestras.
Foi unha tarde estupenda, e a resposta de familias e alumnado á mesma superou todas as expectativas. Dende o equipo da biblioteca non podemos estar máis contentas de que participedes de forma tan activa... e por suposto, tedes a nosa palabra de que continuaremos organizando obradoiros tan divertidos e interesantes como este. Vémonos pronto con máis!