Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Xa somos uns expertos do arco da vella, así foi a nosa investigación

Ola a todos e todas! Como ben sabedes, este curso o noso proxecto de investigación centrouse no arco da vella. E como oúltimo que sabedes é como escollemos o tema, agora chegou o momento de facer o resumo de todo o que aprendemos e algunhas das actividades que levamos a cabo.

Unha parte moi importante do traballo, foi o rexistro da información. A medida que aprendemos sobre o tema, rexistramos toda a información a través de distintas fontes e medios de expresión. Pintamos, recortamos, coloreamos, escribimos... Deste xeito, non só ampliamos coñecementos sobre o tema, senón que ademais utilizamos a escritura de xeito práctico e contextualizado; en algúns casos con axuda do profe e noutros autónomamente.

Complementariamente, tamén fixemos moitas actividades de expresión artística relacionadas coa temática. No caso das fotos que adxuntamos aquí, podemos ver o arco da vella que fixemos usando a técnica do collage. Primeiro pintámolo no papel con cada cor na súa orde, e despois xuntamos un montón de revistas para recortar imaxes de distintas cores e pegar cada unha na cor que lles corresponde. Ademais, tamén pintamos co corpo, en concreto coas mas, simulando como cremos que quedarían as nosas mans se puideramos tocar un arco da vella.

Como non podía ser doutro xeito, a nosa participación no Salón do Libro tamén xirou en torno ao noso proxecto. Dende o principio sabíamos perfectamente que queríamos esta temática, e tras darlle un par de voltas, pensamos que o noso libro fose un libro co que puidesemos ler, cantar e xogar. E como resultado, fixemos o noso conto "Cociñando o arco da vella", e a mellor parte é que o fixemos aportando cando un o noso graniño de area.

No referente a información sobre o tema, recurrimos a tres fontes de información distinta: internet, recursos apoortados polas familias e libros. Neste caso, dous dos libros que máis nos gustaron foron: "Lola busca el arcoiris" y "¿Puedo tocar un arcoiris?". Ambos nos axudaron tanto a aprender porqué non podemos tocar o arco da vella, as súas cores, cando aparece, como podemos facer nós un...

Tamén fixemos xogos de búsqueda de pistas polo colexio. Queríamos coñecer as distintas lendas sobre o arco da vella para responder a pregunta de si ten poderes máxicos ou non. Foi plantexar esta pregunta cando, ao longo do colexio apareceron imaxes nas que se presentaba unha lenda. Así que buscamos todas, e contamos a lenda correspondente para logo reflexionar sobre a maxia que esconde o arco da vella.

Tamén ao longo de curso fomos recopilando fotos do arco da vella tomadas polas familias do alumnado. Chegado xuño, pechamos o periodo para enviar fotos e votamos pola que máis nos gustaba. Finalmente, a gañadora foi a nosa compañeira Julia, que recibiu o premio do noso concurso de fotografía.

Outra forma de comprender aspectos como o ciclo da auga, a refracción, a intensidade da onda da luz... Foi a través de experimentos. Creamos os nosos propios arcos da vella artificiais, calculamos o tempo que tardan en explotar os globos según a súa cor, levamos a práctica o ciclo da auga dentro da nosa clase e moitas cousas máis.

Pero o traballo do arco da vella non so o fixemos co profe Pablo, o resto de profes tamén nos ensinaron moitas cousas. Por exemplo, a profe Bea en inglés ensinounos moitas cousas sobre os Leprechauns; e o profe Jose Luis ensinounos unhas cancións super chulas que podedes escoitar no noso dossier.

E xa para rematar, como premio despois de unha investigación tan completa, os nenos e nenas da clase recibiron uns premios moi especiais. O profe Paulo, que estivo moi contento coas marendas tan saudables da clase; e o profe Pablo, que sabe que os nenos e nenas esforzaronse e traballaron moito; decidimos dar un agasallo aos nenos para que continuen amosando ese entusiasmo tanto en aprender como en leva un estilo de vida saudable.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.