(2022-2023) Mellor tarde que nunca, aquí están as nosas actividades de maio
Seguro que pensabades que me olvidei da entrada de maio... Pois non! O que pasa é que estivemos tan ocupados estas últimas semanas que foi imposible atopar un momento para compartir o que fixemos. Así que non vos facemos esperar máis, vamos alá!
Unha das actividades que máis nos gustou, foi a que fixemos como parte das nosas sesións de Plurinfantil. O que fixemos foi unha gran "Tea Party" onde falamos inglés, bebimos té, comemos pastas, fixemos xogos... Foi super divertido, incluso tivemos representantes da realeza con nós, a única e ingualable "Queen B".
Como tamén puidechedes ver durante "Lecturas na Carballeira", elaboramos unha liña temporal con autores e publicacións importantes da historia da literatura galega. Cunha estructura xa preparada, os nenos e nenas elaboraron as suas propias viñetas, que completaron cunha foto de cada libro, o ano de publicación, o nome do autor o autora... Quedou super ben, e aprendimos un montón da nosa propia cultura.
Como xa é costume, tamén argallamos moitos proxectos de arte na aula. Coloreamos moito, pero tamén experimentamos un pouco con outros materiais. Este mes tamén fixemos nubes de cartón con algodón tinxido na propia aula; e ademáis, fixemos velas ecolóxicas con aceite e colorante. Foi super divertido!
Seguimos coas actividades do calendario, o cal nos levou a reflexionar e facer distintas actividades para conmemorar: o primer partido de fútbol femenino en España, aprendemos sobre o corpo humano, tentamos resolver un cubo de Rubik, recitamos trabalinguas co micrófono... Unha chea de cousas!
Como parte de Lecturas na Carballeira, presentamos os nosos carteis para participar no concurso que se organizou dende a biblioteca. Quedaron xenial, e ao final o gañador foi un dos compañeiros da nosa clase, polo cal nos alegramos un montón.
A nosa plantación de cenorias no invernadoiro foi todo un éxito. Como podedes ver na foto, empezamos con brotes moi pequenos, e ao final rematamos por recoller unha chea de cenorias. Pero esas fotos as gardamos para futuras publicacións!
A pesar de que estábamos a piques de rematar o curso, continuamos introducindo novos xogos para traballar distintas habilidades de lóxica matemática. E claro, como cada vez sabemos máis cousas, os xogos vanse complicando e como podedes ver os nenos están totalmente entregados.
Xa casi non nos acordamos porque pasou fai moito tempo, pero tamén fixemos os regalos do Día da Nai. Uns lapiceiros con forma de ourizo, e por suposto, con todas as cores do arco da vella. Foi tan bonito facelos como entregalos como agasallo as familias.
E xa para rematar, surxiron unha chea de actividades que non esperábamos, pero que tamén foron do máis interesantes. Miramos a través do microscopio unha mostra recollida polos alumnos de 6º, animamos aos nosos compañeiros e compañeiras de primaria durante as actividades de Deporte Escolar, visitamos a nova biblioteca e aprendemos como utilizar os distintos espazos, o profe Paulo ensinounos a trepar polo rocodromo, os alumnos e alumnas de 3º e 4º leron poesía para nós... Podese dicir que foi un mes ben completo!