(2022-2023) Fora o acoso, e dentro a positividade!
Ola a todos e todas! Sabiades que o día 2 de maio foi o "Día Internacional contra o Acoso Escolar? Pois ben, como no noso cole non se nos escapa nin unha sola data que conmemorar (e todavía máis se é para loitar contra un tema tan serio como este), puxémonos mans a obra para poñer o noso graniño de area contra este problema que padecen tantos nenas e nenos no mundo.
Dende a escola, pensamos que o acoso non é algo que teñamos que abordar só cando sucede, tamén temos que evitalo antes de que se presente. E a mellor forma de previr, e traballando os sentimentos positivos. Quixemos indagar en cales son as frases que poden facer sentir ben aos demais cando as escoitan. Unha vez que tivemos claro que esta era a mensaxe que queriamos mandar, cada alumno e alumna rexitraron as súas nuns anacos de papel.
O seguinte paso, foi buscar unha zona de paso onde, día a día, poidamos pararnos a ler unha destas frases cheas de positividade; de xeito que cando teñamos un mal día, ou necesitemos animarnos, poidamos botar unha ollada a estas bonitas palabras. Deste xeito, creamos un "Taboleiro+", onde un representante por curso colgou as frases dos seus compañeiros e compañeiras de aula.
Agora si, temos nun rincón do cole un espazo onde poidamos transmitir mensaxes positivos e agradables cara aos demais. Así que cando queiramos animar a alguén, poderemos escribir novas frases para ir mudando e cheando este taboleiro de notas que nos debuxen un sorriso de orella a orella!